miniatura|Un grao de area volcánica visto no microscopio en diferentes condicións de polarización da luz: con orientación plana na imaxe superior e orientación cruzada na imaxe inferior. A escala da imaxe é de 0.25mm A petroloxía (do grego πέτρος, pétros, "rocha" e λόγος, lógos, "temática" ou "materia") é a disciplina xeolóxica que se dedica ao estudo das rochas desde súa forma macroscópica á súa composición de minerais microscópicos e compostos químicos.Sección de petroloxía en Nature. Ademais da estrutura e composición, estuda a orixe e distribución das rochas.
A litoloxía ten sido un sinónimo de petrografía, mais actualmente a litoloxía oriéntase só á descrición física macroscópica das rochas. A petrografía, porén, estuda os detalles microscópicos das rochas.
Liñas de estudo Petroloxía ígnea, estuda as composición e textura das rochas plutónicas e volcánicas, xeradas a partir dun magma que pode ou non chegar a superficie terrestre. Petroloxía sedimentaria, estuda as composición e textura da rochas que se constituíron a partir de materiais procedentes da meteorización doutras rochas. Petroloxía metamórfica, estuda as composición e textura das rochas que se formaron en condicións de alta presión e temperatura. Petroloxía experimental, na que se empregan altas presión e temperatura en condicións controladas para investigar as relación xeoquímicas e de fases de diferentes materiais sometidos a tales condicións.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Petrografía Xeognosia