miniatura|250px|Proglote de Taenia saginata, un endoparasito animal que ataca a outros animais.
Un endoparasito é un parasito que vive no interior do seu hospedeiro.VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1. Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
Etimoloxía
O termo está forma polo elemento endo-, tirado do grego antigo ἔνδον éndon, "dentro", e parasito.
Sinónimo Parasito interno
Tipos de endoparasitos Existen endoparasitos vexetais (endófitos), ou animais (endozoos).Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica, Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0076-7.
Por outra parte, hai parasitos que atacan aos vexetais e outros aos animais e, segundo os tecidos atacados, a fisionomía, etc., poden distinguirse diferentes tipos.
Estes parasitos, á súa vez, divídense en: Intracelulares: necesitan desenvolver polo menos unha parte do seu ciclo de vida dentro das células. Extracelulares: parasitan fóra das células (en tecidos ou en órganos).
Enfermidades parasitarias Moitas enfermidades son provocadas por endoparasitos: Entre elas a malaria, e a leishmaniose, nos humanos; e Nos vexetais, os oídios da vide (Erysiphe necator) e do carballo (Erysiphe alphitoides), e o visgo (Viscum album).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Parasitismo Ectoparasito Interacción biolóxica
Categoría:Parasitos