Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.

Sinopse Dora é unha mestra xubilada que se volveu amargada. Traballa na Estación Central de Río de Xaneiro escribindo cartas para clientes analfabetos. Ás veces pode ser impaciente con eles e chega a non enviar o que escribe, deixándoo nun caixón ou rompéndoo. Josué é un neno pobre de nove anos que nunca coñeceu o seu pai, mais espera facelo. A súa nai envía cartas ao pai a través de Dora, dicindo que agarda reunirse axiña con el, mais cando ela morre nun accidente de autobús ao saír da estación o neno queda sen fogar. Dora cólleo e trafica con el cunha parella corrupta, mais unha veciña acaba por facela sentir culpable.

Personaxes Fernanda Montenegro como Isadora "Dora" Teixeira Vinícius de Oliveira como Josué Fontenele de Paiva Marília Pêra como Irene Soia Lira como Ana Fontenele Othon Bastos como César Otávio Augusto como Pedrão Stela Freitas como Yolanda Matheus Nachtergaele como Isaías Paiva Caio Junqueira como Moisés Paiva

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Walter Salles Categoría:Filmes con banda sonora de Stewart Copeland Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro Categoría:Filmes ambientados no Brasil Categoría:Filmes ambientados en Río de Xaneiro Categoría:Filmes rodados en Río de Xaneiro Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics