A balada de Narayama (en , Narayama bushikō) é un filme xaponés de 1983 dirixido por Shōhei Imamura. Está protagonizado por Sumiko Sakamoto como Orin, Ken Ogata e Shoichi Ozawa. É unha adaptación do libro Narayama bushikō de Shichirō Fukazawa e lixeiramente inspirado polo filme de 1958 dirixido por Keisuke Kinoshita. Gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1983.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 21 de maio de 2005.La Voz de Galicia, 21 de maio de 2005. Páx. 63
Argumento O filme está ambientado nunha pequena vila rural no Xapón do século XIX. Segundo a tradición, cando unha persoa cumpre setenta anos debe viaxar a unha montaña remota para morrer de fame, práctica coñecida como ubasute. A historia trata sobre Orin, que ten 69 anos e boa saúde, mais ve que un veciño ten que arrastrar o seu pai ata a montaña, así que decide evitar aferrarse á vida. Ela pasa un ano amañando todos os asuntos da súa familia e aldea: castiga severamente unha familia que está acaparando comida e axuda o seu fillo máis novo a perder a virxindade.
O filme inclúe algunhas escenas crúas que amosan os brutais que poden ser as situacións dos aldeáns. Intercaladas no filme hai breves estampas de natureza, aves, serpes e outros animais cazando, axexando, cantando, copulando ou dando a luz.
Elenco Ken Ogata – Tatsuhei Sumiko Sakamoto – Orin Tonpei Hidari – Risuke Aki Takejo – Tamayan Shoichi Ozawa – Katsuzō Fujio Tokita – Jinsaku Sanshō Shinsui – Zeniya no Matayan Seiji Kurasaki – Kesakichi Junko Takada – Matsuyan Mitsuko Baisho – Oei Taiji Tonoyama – Teruyan Casey Takamine – Arayashiki Nenji Kobayashi – Tsune Nijiko Kiyokawa – Okane Akio Yokoyama – Amaya
Produción A balada de Narayama foi filmado nas prefeturas de Niigata e Nagano.Localizacións
A principios do século XXI, o filme tivo a posibilidade de ser estreado na China, coa condición de que as escenas de sexo fosen censuradas. Imamura consultou con varios directores chineses, que responderon que esas escenas eran o contraste necesario coas escenas de morte. Imamura deciciu rexeitar a proposta.China Times (中國時報) en Taipei. Data descoñecida.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes ambientados no século XIX Categoría:Filmes de 1983 con versión en galego