miniatura|Annisette Koppel cos Savage Rose, no centro, durante o Smukfest de 2011. Annisette Koppel (de solteira Annisette Hansen) nada en Copenhague o 29 de agosto de 1948 é unha cantante danesa, principalmente coñecida como cantante do grupo The Savage Rose.
Traxectoria Estrela infantil Era filla de Finn Hansen, camareiro, e de Rita Kuni Andersen, bailarina de revista"Annisette Hansen". Dansk film database. De pequena apareceu na película Kristiane de Marstal cun pequeno papel coa súa irmá Rudi e por intervención de Louis Miehe-Renard, que tiña un dos papeis principais, a súa irmá converteuse en actriz infantil, e ela apareceu con pequenos papeis nalgúns filmes máis. Annisette debutou na canción a finais da década de 1950 ao gravar un par de sinxelos infantís coa súa irmá Rudi Hansen para a Sonet en 1959 e 1960. Cando tiña 16 anos realizou algunhas gravacións e actuacións co grupo pop Dandy Swingers e gravou tamén o sinxelo Livet er nu.
Cantante principal de The Savage Rose Máis tarde, Annisette formou parte da banda The Savage Rose, ao se formar en 1967 integrada polos irmáns Thomas e Anders Koppel, xunto con outros membros de Dandy Swingers: Jens Rugsted (baixo), Flemming Ostermann (guitarra) e o batería de jazz Alex Riel.
A música de Savage Rose sentíase fresca e nova e tivo un grande éxito coa combinación da voz distintiva de Annisette co piano, acordeón e máis o órgano. Fixeron unha xira por Escandinavia e por outros países de Europa e en 1969 participaron no Newport Jazz FestivalAndy Gregory (2002) The International Who's Who in Popular Music 2002. Londres:Europa Publications, p. 284 dos Estados Unidos. En Dinamarca gravaron, entre outros, co saxofonista americano de jazz Ben WebsterFrank Büchmann-Møller (2010) Someone to Watch Over Me: The Life and Music of Ben Webster University of Michigan Press, p. 307.
Savage Rose rexeitou varias ofertas de compañías discográficas estadounidenses mentres a parella se dedicaba cada vez máis aos asuntos da comunidade. A mediados dos anos 70 Anders Koppel deixou o grupo, ao consideralo "sectario".
Activismo político Annisette e o seu marido Thomas Koppel, falecido en 2006, realizaron concertos solidarios cos movementos de liberación de Palestina e Turquía e para os pobres dos barrios baixos de Manila. Annisette e Thomas foron membros do Partido Comunista de Dinamarca Marxista-Leninista marxista-leninista durante varios anos "Annisette synger stadigvæk for kærligheden og friheden". Politiken, 28 de outubro de 2012.
Tras a reaparición de The Savage Rose co álbum Black Angel en 1995, a Annisette diagnosticáronlle cancro, que logrou vencer. A banda organizou manifestacións e participou na manifestación de Stop Bush no verán de 2005 "40.000 på gaden mod Bush og Fogh". kpnet.dk.
Despois da morte de Thomas, Annisette mantivo o compromiso coa comunidade e entre outras cousas, apareceu en manifestacións para a preservación da Ungdomshuset Jagtvej 69 a finais do 2006,"Annisette på støtte-cd for Ungdomshuset" . Ekstra Bladet, 29 de novembro de 2006 e nunha manifestación na igrexa de Brorsons contra o regreso forzado dos demandantes de asilo iraquís rexeitados en 2009"Anisette: Udvisninger ligner jødeforfølgelsen". Politiken, 3 de setembro de 2009.
Filmografía
Far til fire (1953) Fløjtespilleren (1953) Far til fire i sneen (1954) Bruden fra Dragstrup (1955) Kristiane af Marstal (1956) Far til fire i byen (1956) Far til fire og onkel Sofus (1957)
Cantante en:
Hvem myrder hvem? (1978) Lykken er en underlig fisk (1989)
Notas
Categoría:Cantantes de Dinamarca Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Actores infantís