A 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 11 até o 22 de maio de 2016. O director australiano George Miller foi o presidente do xurado para a competición principal. O actor francés Laurent Lafitte foi o presentador das cerimonias de apertura e de peche do festival. O 15 de marzo anunciouse que a directora xaponesa Naomi Kawase exercería como presidenta de Cinéfondation e do Xurado das curtametraxes. O filme Café Society, do director estadounidense Woody Allen inauguou o festival.
A Palma de Ouro recaeu sobre o filme británico Eu, Daniel Blake, dirixido por Ken Loach, que tamén foi o filme que clausurou o festival. Na conferencia de prensa, Loach dixo que estaba "bastante aturdido" por ter gañado.
Notas
Categoría:Festival Internacional de Cinema de Cannes