O Rally de Ferrol de 1994 foi a 25ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 28 de maio de 1994 e o vencedor foi o piloto local Miguel Dopico.

Itinerario O rally constou de 12 treitos: dúas pasadas polo treito de Vilariño, dúas polo Castelo, tres polo Deveso, tres por Cerdido e dúas por Recemel. En total os vehículos recorreron 466,7 km dos cales 87,3 foron cronometrados. A saída realizouse ás dez da mañá no recinto feiral de Punta Arnela e a chegada foi no mesmo lugar sobre a medianoite.

Resumo Miguel Dopico máis o seu copiloto Álvaro Louro colocáronse líderes dende o principio e xa non perderon a posición ata o final da proba. Por detrás chegaron sen demasiado problema José Manuel López Castrillón e Germán Castrillón. Este último, vencedor os últimos catro anos, participou esta vez como copiloto, aínda que tomou o mando do coche nalgúns treitos, reservándose para marchar inmediatamente para Asturias á disputa doutro rally.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Miguel Dopico Álvaro LouroFord Escort RS CosworthSiroco Team54:372 José Manuel López Castrillón Germán CastrillónSiroco Team55:493 Roberto Méndez Fernando dos SantosEscudería Ferrol56:134 Javier Piñeiro Manuel FerreiroRenault Clio WilliamsEscudería Rías Baixas56:335 Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX SportEscudería Berberecho56:48

Notas

Categoría:Rally de Ferrol Categoría:Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally