A Repúbica Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (Закавказская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, ЗСФСР) foi unha curta república soviética (1922–1936), constituída por Xeorxia, Armenia, e Azerbaidján, que foron coñecidas tradicionalmente como as Repúblicas Transcaucásicas na Unión Soviética. A capital da república foi Tbilisi.

As raíces da república veñen da disolución do Imperio Ruso en 1917, durante a revolución rusa, cando as provincias do Cáucaso se separaron e tentaron formar o seu propio estado federal chamado a Federación Transcaucásica. Os diferentes intereses nacionais e a guerra con Turquía levaron á disolución da república medio ano despois, en abril de 1918.

Nos seguintes anos, os tres territorios atravesaron guerras civís con moita intervención do Exército Vermello, e convertéronse en Repúblicas Soviéticas. En decembro de 1922, todo o territorio foi reunificado nunha soa república. En 1936, a república foi disolta e os tres países convertéronse na RSS de Xeorxia, a RSS de Armenia e a RSS de Azerbaidján. Xefes de estado

Presidentes do Consello da Unión Data Partido Niraman Narimanov Marzo - decembro 1922 Partido Comunista de Azerbaidján Polikarp Mdivani Marzo - decembro 1922 Partido Comunista de Xeorxia Aleksandr Miasnikian Marzo - decembro 1922 Partido Comunista de Armenia

Presidentes do Comité Executivo Central Período Por Mikhail Tskhakaja (1x) 1922-1927 Xeorxia Samed Aga Alijev 1922-1929 Azerbaidján Sarkis Ambartsumjan 1922-1925 Armenia Sarkis Kasyan 1927-1931 Armenia Filipp Macharadze (1x) 1927-1928 Xeorxia Mikhail Tskhakaja (2x) 1928-1931 Xeorxia Gazanfar Musabekov 1929-1931 Azerbaidján Filipp Macharadze (2x) 1931-1935 Xeorxia Armenek Ananjan 1931-1935 Armenia Sultan Medzhid Efendijev 1931-1936 Azerbaidján Sergo Martikijan 1935-1936 Armenia Aveli Enukidze Marzo-maio 1935 Xeorxia Filipp Macharadze (3x) 1935-1936 Xeorxia

Categoría:Historia contemporánea de Azerbaidján Categoría:Historia de Armenia Categoría:Historia de Xeorxia Transcaucásica Categoría:Primeiras repúblicas soviéticas