Robert Hull, nado en Point Anne, Ontario, o 3 de xaneiro de 1939, e finado o 30 de xaneiro de 2023, foi un xogador de hóckey sobre xeo canadense, considerado un dos mellores de todos os tempos. O seu cabelo louro, a súa velocidade lendaria patinando e a súa habilidade para disparar a gran velocidade déronlle o alcume de "The Golden Jet". Os seus talentos eran tales que adoitaban asignarse un ou dous xogadores para que o cubrisen continuamente.

Nos seus vinte e tres anos na National Hockey League (NHL) e na World Hockey Association (WHA), Hull xogou cos Chicago Black Hawks, os Winnipeg Jets e os Hartford Whalers. Gañou o Hart Memorial Trophy como xogador máis valioso da NHL en dúas ocasións e o Art Ross Trophy como líder en puntuación tres veces, ademais de axudar aos Black Hawks a gañar a Stanley Cup en 1961. Tamén liderou os Winnipeg Jets na WHA para gañar a Avco Cup en 1976 e 1978. Foi o máximo goleador da NHL en sete ocasións, o segundo da historia, e liderou outra vez máis a WHA en goles, ademais de ser considerado o xogador máis valioso da WHA dúas veces. Foi escollido para o Hockey Hall of Fame en 1983 e para o Ontario Sports Hall of Fame e 1997; recibiu o Wayne Gretzky International Award en 2003. En 2017 Hull foi considerado un dos 100 mellores xogadores da historia da NHL.

Estatísticas Temporada regular  Playoffs Temporada Equipo Liga GP G A Pts PIM GP G A Pts PIM 1954-55 St. Catharines Teepees OHA 6 0 0 0 0 — — — — — 1955-56 St. Catharines Teepees OHA 48 11 7 18 79 6 0 2 2 9 1956-57 St. Catharines Teepees OHA 52 33 28 61 95 13 8 8 16 24 1957-58 Chicago Black Hawks NHL 70 13 34 47 62 — — — — — 1958-59 Chicago Black Hawks NHL 70 18 32 50 50 6 1 1 2 21959-60 Chicago Black Hawks NHL 70 39 42 81 68 3 1 0 1 2 1960-61 Chicago Black Hawks NHL 67 31 25 56 43 12 4 10 14 4 1961-62 Chicago Black Hawks NHL 70 50 34 84 35 12 8 6 14 12 1962-63 Chicago Black Hawks NHL 65 31 31 62 27 5 8 2 10 4 1963-64 Chicago Black Hawks NHL 70 43 44 87 50 7 2 5 7 2 1964-65 Chicago Black Hawks NHL 61 39 32 71 32 14 10 7 17 27 1965-66 Chicago Black Hawks NHL 65 54 43 97 70 6 2 2 4 10 1966-67 Chicago Black Hawks NHL 66 52 28 80 52 6 4 2 6 0 1967-68 Chicago Black Hawks NHL 71 44 31 75 39 11 4 6 10 15 1968–69 Chicago Black Hawks NHL 74 58 49 107 48 — — — — — 1969–70 Chicago Black Hawks NHL 61 38 29 67 8 8 3 8 11 2 1970–71 Chicago Black Hawks NHL 78 44 52 96 32 18 11 14 25 16 1971–72 Chicago Black Hawks NHL 78 50 43 93 24 8 4 4 8 61972–73 Winnipeg Jets WHA 63 51 52 103 37 14 9 16 25 16 1973–74 Winnipeg Jets WHA 75 53 42 95 38 4 1 1 2 4 1974–75 Winnipeg Jets WHA 78 77 65 142 41 — — — — — 1975–76 Winnipeg Jets WHA 80 53 70 123 30 13 12 8 20 4 1976–77 Winnipeg Jets WHA 34 21 32 53 14 20 13 9 22 2 1977–78 Winnipeg Jets WHA 77 46 71 117 23 9 8 3 11 12 1978–79 Winnipeg Jets WHA 4 2 3 5 0 — — — — — 1979–80 Winnipeg Jets NHL 18 4 6 10 0 — — — — — 1979–80 Hartford Whalers NHL 9 2 5 7 0 3 0 0 0 0 NHL totais 1063 610 560 1170 640 119 62 67 129 102 WHA totais 411 303 335 638 183 60 43 37 80 38

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bobby Hull's biography at Canadian Sports Hall of Fame Bobby Hull's biography at Manitoba Hockey Hall of Fame Career Overview and Biography by ESPN Bobby Hull, winner of the Lionel Conacher Award and the Bobbie Rosenfeld Award: Virtual Museum of Canada Exhibit

Categoría:Nados en Ontario Categoría:Nados en 1939 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo do Canadá Categoría:Membros do Hockey Hall of Fame Categoría:Xogadores da NHL Categoría:Finados en 2023