GFZ-1 (acrónimo de Geo Forschungs Zentrum Potsdam 1) foi un satélite artificial alemán lanzado o 9 de abril de 1995 mediante un foguete Soiuz U desde o Cosmódromo de Baikonur.
Características GFZ-1 é o primeiro satélite deseñado e subvencionado polo GeoForschungsZentrum Potsdam, de Alemaña. Era un satélite pasivo cuberto con 60 retrorreflectores para poder determinar variacións nas características rotacionais da Terra e para medir cambios no campo gravitatorio terrestre. Foi levado ata a estación espacial Mir no cargueiro Progress-M 27 e soltado desde a mesma nunha órbita duns 400 km de altura. Reentrou na atmosfera terrestre o 23 de xuño de 1999.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz U Mir Progress-M 27
Categoría:Satélites artificiais