Judson Donald Buechler, nado o 19 de xuño de 1968 en San Diego, California, é un ex xogador e actual adestrador estadounidense de baloncesto profesional que é adestrador asistente dos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Buechler foi seleccionado polos Seattle SuperSonics na 38ª posición do Draft da NBA de 1990, e os seus dereitos foron traspasados ós New Jersey Nets, onde xogou pouco máis dunha tempada.

Tras un breve paso polos San Antonio Spurs, asinou cos Golden State Warriors, onde acadou 6.2 puntos, 1.3 asistencias e 2.8 rebotes na tempada 1992-93. A súa etapa máis exitosa foi de 1994 a 1998 nos Chicago Bulls de Michael Jordan, onde conseguiu tres campionatos da NBA consecutivos.

Tras o proceso de reconstrución dos Bulls en 1999, Buechler asinou cos Detroit Pistons, onde xogou durante tres tempadas antes de ser traspasado ós Phoenix Suns. En 2002, Buechler retirouse coma profesional tras unha breve estancia nos Orlando Magic. Durante 12 tempadas na National Basketball Association (NBA), Buechler xogou 720 partidos para sete equipos diferentes.

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Adestradores asistentes dos Los Angeles Lakers Categoría:Adestradores asistentes dos New York Knicks