Gonets (significando "mensaxeiro") ou Gonets-D1 é un sistema de satélites de comunicacións civís rusos do tipo almacenar e reenviar, polo que o satélite recolle información desde un punto da súa órbita e a envía a outro sitio do planeta ao pasar sobre el. O sistema Gonets é a versión civil do sistema militar Strela 3. O sistema estaría formado por 12 satélites, cada un de 250 kg de masa, 10 W de potencia de transmisión e 2 ou 3 canais de transmisión nas frecuencias de 200 a 400 MHz. A capacidade de almacenamento a bordo era de 8 Mbytes, cunha velocidade de transmisión de 2,4 Kbit/s, 9,6 Kbit/s ou 64 Kbit/s. Os satélites alimentábanse mediante células solares que producían ata 40 W de potencia. Tódolos Gonets foron lanzados entre 1992 e 2001, incluídas dúas unidades iniciais de probas, mediante foguetes Tsiklon-3.
Historial de lanzamentos
Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasKosmos 219913 de xullo de 1992Tsiklon 3Éxito. Satélite de probas.Kosmos 220113 de xullo de 1992Tsiklon 3Éxito. Satélite de probas.Gonets 119 de febreiro de 1996Tsiklon 3ÉxitoGonets 219 de febreiro de 1996Tsiklon 3ÉxitoGonets 319 de febreiro de 1996Tsiklon 3ÉxitoGonets 414 de febreiro de 1997Tsiklon 3ÉxitoGonets 514 de febreiro de 1997Tsiklon 3ÉxitoGonets 614 de febreiro de 1997Tsiklon 3ÉxitoGonets 727 de decembro de 2000Tsiklon 3FalloGonets 827 de decembro de 2000Tsiklon 3FalloGonets 927 de decembro de 2000Tsiklon 3FalloGonets 1028 de decembro de 2001Tsiklon 3ÉxitoGonets 1128 de decembro de 2001Tsiklon 3ÉxitoGonets 1228 de decembro de 2001Tsiklon 3Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tsiklon-3
Categoría:Satélites artificiais