Julián Barrio Barrio, nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora, Castela e León) o 15 de agosto de 1946, é un crego católico vinculado a Galicia, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996 ata 2023. En 2022 recibiu a Medalla de Galicia.

Traxectoria miniatura|esquerda|180px|Julián Barrio. Formación Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais foi ordenado sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.

Carreira eclesiástica A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou co seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.

Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade."El arzobispo de Santiago ataca ante el Rey el matrimonio homosexual" El País, 26 de xullo de 2004 Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.

Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Segrar da Conferencia Episcopal Española en 2008,"El arzobispo de Santiago, reelegido en su cargo en la Conferencia Episcopal ", El Correo Gallego, 6 de marzo de 2008. en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española."Monseñor Barrio entra en la cúpula de la Iglesia" , El Correo Gallego, 2 de marzo de 2011.

Como arcebispo de Santiago, foi quen oficiou o funeral de Estado polas vítimas do accidente de Angrois en 2013. En decembro de 2009 promoveu unha reforma dos arciprestados de Galicia, suprimindo por concentración varios deles.

Ao cumprir os 75 anos, no ano 2021, presentou a súa renuncia por idade á Santa Sé. O papa Francisco aceptoulla o 1 de abril de 2023, cando nomeou novo arcebispo de Santiago de Compostela a Francisco José Prieto, ata entón bispo auxiliar compostelán. Barrio permaneceu no arcebispado ata o ordeamento de Prieto, o 3 de xuño de 2023. Daquela marchou vivir a unha casa que ten en Manganeses de la Polvorosa.

Sucesión apostólica

Julián Barrio (1993) Antonio María Rouco Varela (1976) Ángel Suquía (1966) Antonio Riberi (1934) Pietro Fumasoni (1916) Domenico Serafini (1900) Serafino Vannutelli (1869) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Medalla de Ouro de Galicia