O Barco é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña cinco persoas empadroadas (tres homes e dúas mulleres). Esta pequena entidade de poboación sitúase a 4,1 km do centro da vila de Gondomar e 130 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Descrición O Barco é un pequeno conxunto de 5 casas situado na ladeira norte do Monte da Bouza . Limita ao norte coa Sequiña, ao sur e sueste coa Costa, ao nordés e oeste con Nande e ao sur suroeste con Santo André.
Espazos naturais O río Folón rodea polo nordés e leste a aldea do Barco e continúa regando o eucaliptal do Monte da Bouza en dirección sur .
O Souto do Barco atópase ao sur e está formado por unha antiga masa forestal de castiñeiros hoxe mesturada con piñeiros e eucaliptos de novas plantacións. Trátase dun punto natural que polo nordés comunica coa Costa ou polo noroeste coa Sequiña.
Lugares e parroquias Lugares de Mañufe
Parroquias de Gondomar
Notas
Categoría:Lugares de Gondomar Categoría:Mañufe, Gondomar