Os pastos son un pobo indíxena de Colombia que habita xunto co pobo quillacinga na franxa andina do que actualmente é o departamento de Nariño, no sur de Colombia, e a provincia de Carchi, no norte de Ecuador.

Características miniatura|341x341px|Linguas preincaicas no século XVI. A lingua pasto é a máis setentrional. O nome pasto podería ser unha adaptación ó castelán de past awá ou ‘xente escorpión’.Gente escorpión Os pastos estiveron baixo dominación do Imperio incaico, pouco antes da chegada dos españois. Na última década do século XV, os pastos enfrontáronse ó inca Huayna Cápac, quen dende Quito decidiu lanzar unha campaña para conquistar o territorio pasto. É posible que past awá, que significa ‘xente escorpión’, sexa unha imaxe xurdida para referirse a que Huayna Cápac quíxolles pisar a cabeza e picárono coa cola", pois ó ocupar o imperio a zona do actual Ipiales, os pastos refuxiáronse na cordilleira occidental e lograron expulsar ós ocupantes. Os incas preferiron entón avanzar polo piedemonte amazónico a través do territorio dos cofán,Ortiguera, Toribio de 1586 Jornada del Río Marañón. Madrid: Atlas, 1968 pero finalmente foron os españois os que controlaron a rexión e foi o pobo awá quen logrou preservarse da dominación nas selvas da vertente do Pacífico colombiano, mentres que os pastos finalmente deixaron de falar a súa lingua.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia

Categoría:Pobos indíxenas de Colombia Categoría:Pobos indíxenas de Ecuador