Horacio Rodríguez Nache ou Horacio Sache, nado na Coruña en 1912 e finado na mesma cidade en 1970, foi un violinista galego. Foi violinista da Orquestra Sinfónica Municipal da Coruña e concertista.
Traxectoria Horacio Nache naceu na Coruña, cidade na que comezou a súa formación musical. Continuou os seus estudos no Conservatorio Nacional de Madrid con José del Hierro.
Posteriormente viaxou a París e Londres antes de regresar á súa cidade natal, onde foi director do Conservatorio de Música e Declamación, do que se converteu no seu director en 1945, cargo que desempeñou ata a súa morte. Tamén formou xunto coa pianista Pilar Cruz e o violonchelista Julio Béjar, o Trío pro música, co que logrou numerosos éxitos tanto en Galicia como no resto de España.
En novembro de 1948, foi nomeado membro de número da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.
Faleceu en 1970 na súa cidade natal aos 58 anos.
Notas
Categoría:Violinistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes