Patañjali (en ) foi un sabio indio, considerado o autor de numerosas obras en sánscrito. O principal destes son os Ioga Sutras, texto clásico do ioga. Hai dúbidas de se o sabio Patañjali é o autor de todas as obras atribuídas a el xa que hai numerosos autores coñecidos co mesmo nome. Un gran desafío dos estudosos foi decidir a historicidade ou identidade deste autor ou autores. lista dez autores diferentes co nome de "Patañjali."
Nome Segundo Monier Monier-Williams, o vocábulo "Patañjali" é un nome compostoMonier Monier Williams, Patañjali, Sanskrit English Dictionary with Etymology, Oxford University Press, páxina 582 de "patta" (sánscrito: पत, "caída, voo")Monier Monier Williams, pata, Sanskrit English Dictionary with Etymology, Oxford University Press, pages 580-581 e "añj" (अञ्ज्, "honrado, celebrado, fermoso") ou "añjali" (अञ्जलि, "reverencia, unión das palmas da man").Monier Monier Williams, añjali, Sanskrit English Dictionary with Etymology, Oxford University Press, páxina 11
Traxectoria Louis Renou está entre os moitos estudosos que suxeriron que o Patañjali que escribiu sobre ioga foi unha persoa diferente do Patanjali que escribiu un comentario sobre a gramática de Panini.; ; ; . En 1914, James Wood propuxo que si eran a mesma persoa. En 1922, Surendranath Dasgupta presentou unha serie de argumentos que supostamente propuxan que os autores da gramática e do texto de ioga eran idénticos.
A opinión de que eran dous autores diferentes é xeralmente aceptada, mais algúns estudosos occidentais considéranos unha única persoa.
Algunhas tradicións indias manteñen que un Patañjali escribiu tratados sobre gramática, medicina e ioga. Isto foi recollido nun poema de Bhoja no inicio do seu comentario sobre os Yogasutras chamados Rājamārttanda (século XI), e nos seguintes versos que aparecen no texto de Shivarama do século XVIII:
Esta tradición é discutida por MeulenbeldHIML></ref> que rastrexa esta idea "relativamente tardía" a Bhoja (século XI), que quizais foi influído por un poema de Bhartṛhari (ca. século V) que fala dun experto no ioga, a medicina e a gramática que, non obstante, non é nomeado. Ningún texto sánscrito anterior ao século XI afirma que fose o mesmo Patañjali quen está tralos tres tratados.
Dise que o sabio Patañjali conseguiu o Samadhi mediante a meditación co ioga no templo de Brahmapureeswarar situado en Tirupattur, Tamil Nadu, India.
Legado Patañjali continúa a ser honrado con invocacións e santuarios nalgunhas formas do ioga postural moderno, como o Iyengar ioga e o Ashtanga Vinyasa ioga. O estudoso do ioga David Gordon White escribiu que o adestramento do profesor de ioga adoita incluír "instrución obrigatoria" no Yoga Sutra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Personalidades do hinduísmo Categoría:Filósofos da India