A Saga do Exército de Red ou a Saga da Red Ribbon é a terceira saga de ficción do manga e anime Dragon Ball. Nesta saga, despois do Gran Torneo das Artes Marciais, Son Goku vai busca-la bóla de catro estrelas do seu avó Son Gohan que perdera na saga de Pilaf, comezando así unha nova aventura.
Xeralmente, adóitase dividir esta saga en varias subsagas, para que así sexan máis curtas.
Historia
Son Goku, despois da cea á que foi convidado na saga anterior, comeza a súa viaxe para atopa-la bóla do dragón de catro estrelas do seu avó Son Gohan.
Primeiro atópase con Nam (o loitador que foi ó torneo para gaña-los cartos do premio e así mercar auga para a súa xente mais que acabaría derrotado por Son Goku) que está a busca-la razón pola que non chega nin pinga de auga á súa aldea nin ó río que pasa por alí. Así, os dous diríxense cara ó nacemento do río. Alí descobren que Xiran (o loitador que tamén foi derrotado por Son Goku no torneo) e os da súa raza fixeron un encoro que non deixa que chegue auga dabondo ó río. Serán Son Goku quen o teña que abrir cunha Onda Vital (Kame Hame Ha) xa que eles non podían. Porén, no deserto no que está a aldea de Nam desátase unha tormenta de area que fai desaparece-lo río. Aínda así, o chamado lago máxico achégase ata a aldea polo que esta se salva. Esta aventura só acontecería no anime. O exército de Red Son Goku localiza unha das bólas co radar e diríxese cara a alí. Porén non é o único que as está a buscar xa que Pilaf e unha misteriosa patrulla andan tamén na súa procura. O lugar é unha vila mexicana, e Pilaf parece que é o primeiro en atopala xa que lla merca a un anticuario, aínda que ó se cruzar con Son Goku foxe cos seus serventes Shuu e Mai nunha especie de nave (cunha aparencia semellante á estrela da morte). Non obstante, aínda que Son Goku non os deixa escapar, resulta ser unha bóla falsa. Por outra banda, a patrulla dirixida polo coronel Silver rexistra mediante a forza tódalas casas da vila sen éxito. A verdadeira bóla atópase no niño dun paxaro que ó ser escorrentado por estes vaise levando a bóla consigo.
O paxaro e maila bóla son comidos por unha especie de dinosauro e este á súa vez e cazado por Gyūmaō, o pai de ChiChi, que está a vivir xunto á súa filla nunha vila dos redores e preparan o casamento entre ela e Son Goku (aínda que este non sabe nada disto). A persecución da bóla lévaos a todos cara a alí. Son Goku e ChiChi atópanse onda unha maceira e entrementres Pilaf, Mai e Shuu facéndose pasar por Son Goku introdúcense na voda e acadan a bóla do dragón dentro do dinosauro que foi capturado para o banquete. Ademais o coronel Silver e a súa patrulla atacan a vila e aínda que Gyūmaō é quen de se defender nun principio, ó final é atrapado. Pilaf e os seus serventes conseguen escapar na súa nave mais seguidos moi de preto por Silver. A nave de Pilaf agóchase baixo as areas do deserto na súa base secreta polo que consegue despistalos. Porén, Son Goku achégase ata alí e Pilaf ó tentalo atacar é descuberto polo que comezan a atacar. Aínda que tenta fuxir é derrotado e forzado a lle entrega-la bóla do dragón ó exército de Red (Red Ribbon) que desexa atopa-las bólas para domina-lo mundo. Son Goku que se atopaba no medio da batalla sálvase grazas á nube Kinto.
Coa nova bóla acadada, o coronel Red xa ten tres polo que manda a Silver busca-la seguinte.
Capítulos no manga Tomo 5: A terrorífica Muscle Tower - capítulos do 55 ó 60 055 - A Red Ribbon 056 - A loita polas bólas do dragón 057 - Asalto á Muscle Tower 058 - A terrorífica Muscle Tower 059 - ¡O diaño do terceiro piso! 060 - O ninja Murasaki Tomo 6: ¡O fracaso de Bulma! - capítulos do 61 ó 72 061 - ¡Unha técnica ninja! ¡Escudo de tatamis! 062 - ¡Crise! A técnica dos outros eu 063 - O Nº 8, o home robot 064 - ¡O arrepiante Bullón do quinto piso! 065 - A derrota de Bullón 066 - ¡A fin da Muscle Tower! 067 - Cara ó oeste 068 - Bulma da Capital do Oeste 069 - Bulma e Son Goku, segunda parte 070 - ¡O grande erro de Bulma! 071 - ¡Atopan a Kame House! 072 - Tomo 7: ¡Perseguindo ó coronel Blue! - capítulos do 73 ó 84 073 - O erro do coronel Blue 074 - A trampa dos piratas 075 - A emboscada no porto dos piratas 076 - Atopado o tesouro 077 - Os ollos brillantes de Blue 078 - ¡A gran fuxida! 079 - ¡Fuxamos, fuxamos! 080 - Rouban a bóla do dragón de tres estrelas 081 - Persecución en Vila Pingüín 082 - Estrágase o radar do dragón 083 - Rouban o radar do dragón 084 - A familia da Terra Sagrada de Karín Tomo 8: Son Goku ó ataque - capítulos do 85 ó 96 085 - O asasino Tou Pai Pai 086 - Dodon-pa 087 - A torre de Karín 088 - Karín da torre de Karín 089 - O poder da auga sagrada 090 - O contraataque de Son Goku 091 - Gran batalla na Terra Sagrada 092 - A fin de Tou Pai Pai 093 - O asalto de Son Goku 094 - ¡Son Goku ó ataque! 095 - ¡A morte do xeneral Red! 096 - ¡O gran triunfo! Tomo 9: As probas de Babá a adiviña - capítulos do 97 ó 108 097 - A derradeira bóla do dragón 098 - Babá a adiviña 099 - Os cinco guerreiros 100 - Un combate sanguento 101 - O váter do diaño 102 - A proba de Son Goku 103 - A forza de Son Goku 104 - O raio de Ackman 105 - O quinto guerreiro 106 - Dous rivais temibles 107 - O rabo de Son Goku 108 - Son Gohan Tomo 10: O 22º gran torneo - capítulos do 108 ó 112 109 - O novo desafío da banda de Pilaf 110 - O gran plan de Pilaf 111 - ¡De novo Shenron! 112 - ¡Corre, Son Goku!
Episodios no anime 29 - O lago máxico 30 - A falsa bóla 31 - O reencontro con ChiChi 32 - Trampas baixo a area 33 - A lenda do dragón 34 - O fracaso do coronel Silver 35 - Fría recepción 36 - O sarxento metálico 37 - Chega o ninja Furamuros 38 - Cinco Furamuros 39 - O misterioso androide número 8 40 - O terrible Bullón 41 - A caída da torre de ferro 42 - O segredo do doutor Flap 43 - A viaxe á metrópole 44 - Hasky, a mestra ladroa 45 - Perigo no aire 46 - O mal día de Bulma 47 - Atopada a Kame House 48 - Profundo mar azul 49 - A sorpresa de Mutenroi 50 - A trampa é saltada 51 - Coidado co robot 52 - O tesouro do pirata 53 - Azul, negro e azul 54 - O escape da cova do pirata 55 - Vila Pingüín 56 - Un estraño visitante 57 - Arale contra Blue 58 - A terra de Karín 59 - O notorio mercenario 60 - Tou Pai Pai ataca 61 - A torre de Karín 62 - A auga Sagrada 63 - O retorno de Songoku 64 - O derradeiro mercenario Tou Pai Pai 65 - Combate contra o exército do xeneral Red 66 - Un verdadeiro lazo 67 - A fin do xeneral Red 68 - A última bóla máxica 69 - ¿Quen é a adiviña Babá? 70 - Nós sómo-los cinco guerreiros 71 - Combate á morte 72 - A quenda de Son Goku pra loitar 73 - ¿Que é o raio núcleo demoníaco? 74 - O misterioso quinto loitador 75 - Os máis fortes 76 - As verdadeiras cores do home enmascarado 77 - As tácticas de Pilaf 78 - Sae o eterno dragón
Categoría:Dragon Ball
en:Red Ribbon Army Saga fr:Saga du Ruban Rouge