Saxitario (♐︎) é o noveno signo astrolóxico do zodíaco, o primeiro de natureza positiva e de calidade mutábel. Simboliza a conciencia superior e o seu símbolo representa a frecha do arqueiro, pertencendo xunto a Carneiro e León ó elemento lume. A mitoloxía grega asocia a Saxitario co centauro Quirón, quen foi mentor de Aquiles, un heroe da guerra de Troia, na arte do tiro con arco. Está rexido por Xúpiter. O seu signo oposto e complementario é Xémini.

Considérase que alguén é do signo Saxitario cando nace entre o 21 de novembro e o 21 de decembro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Signos astrolóxicos occidentais Categoría:Centauros