O masacre de Gonagala foi un acto terrorista que se cometeu o 18 de setembro de 1999 na pequena aldea de Gonagala, situado no distrito de Ampara en Sri Lanka. Durante a noite intrusos mataron a machetadas 50 homes, mulleres e nenos. As mortes atribuíronse ao Tigres de Liberación do Tamil Eelam.
O de Gonagala constitúe un dos moitos ataques atribuídos aos TLTE. Así e todo, este foi especialmente notorio, xa que a diferenza de ataques previos, boa parte dos aproximadamente 75 activistas que tomaron parte na acción eran mulleres.
Incidente O incidente ocorreu na madrugada do 18 de setembro de 1999, na Colonia 31 en Ampara. Os militantes do TLTE divididos en dous comandos, un formado por homes e outro no que se incluían tanto homes como mulleres, entraron na aldea de Gonagala armados con machetes e mataron 50 civís de etnia cingalesa, a maioría mentres durmían. Antes de se retiraren, os elementos do TLTE foron a dous asentamentos veciños e mataron catro civís máis. Segundo relatos dos sobreviventes, o comando formado por homes só matou homes mentres o mixto involucrouse na matanza de mulleres e nenos.
Vítimas Dun total de 54 vítimas do masacre, contando os mortos dos asentamentos próximos, 27 eran homes, 17 mulleres e 10 nenos. Dúas das mulleres estaban embarazadas "Pre-dawn horror in Ampara".The Sunday Times, 19 de setembro de 1999. Segundo expertos forenses só unha vítima foi asasinada por disparos de revólver, mentres que mataron o resto con coitelos ou machetes. Houbo catro civís feridos de gravidade.
Testemuñas oculares Herath Mudiyansalege Premasiri, un labrego sobrevivente de 29 anos, deu unha descrición dos acontecementos."Rematamos tarde e fomos para a cama. Eramos 15, entre familiares e amigos que viñeran participar nun ritual funerario. Eu estaba a durmir só no meu cuarto e sobre as dúas da mañá oín un fato de xente batendo na porta e despois irromperon na casa"
Outro habitante da aldea, un policía que durante os acontecementos estaba nun posto de control afastado, ao volver á súa casa pola mañá, atopou á súa esposa embarazada, dous nenos, os seus pais e mais a cuñada mortos.
Cultura popular Este incidente e os acontecementos inmediatos son a cerna do argumento do filme srilankés en cingalés Gamani (2011).
Notas
Gonagala Categoría:Masacres en 1999 Categoría:Atentados terroristas