Ju Dou (en ) é un filme chinés-xaponés de 1990 dirixido por Zhang Yimou e Yang Fengliang (aínda que é case universalmente considerado como un produto da visión de Zhang como director) e protagonizado por Gong Li. Salienta por ser un filme creado en Technicolor moito tempo após o proceso fose abandonado nos Estados Unidos. Foi o primeiro filme chinés en ser nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, na 63ª edición dos premios.
O filme é unha traxedia, centrándose na personaxe de Ju Dou, unha muller nova e fermosa que é vendida como esposa a Jinshan, un vello tinguidor de teas. A historia está baseada nunha novela, Fuxi Fuxi de Liu Heng.Gateward, Frances K. Zhang Yimou: Interviews (Conversations with filmmakers series, ISSN 1556-1593). University Press of Mississippi, 2001. , 9781578062621. p. 159.
O filme foi prohibido durante uns poucos anos na China, mais a prohibición foi finalmente levantadaZhang Yimou. Frances K. Gateward, Yimou Zhang, Univ. Press of Mississippi, 2001, pp. 26-7. e o goberno chinés deu permiso para a súa proxección en xullo de 1992.Zhang Yimou. Frances K. Gateward, Yimou Zhang, Univ. Press of Mississippi, 2001, p. 42.
Personaxes Gong Li como Ju Dou Li Baotian como Yang Tianqing Li Wei como Yang Jinshan Yi Zhang como Yang Tianbai Zheng Ji'an como Tianbai de xove
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 63ª edición dos Óscar
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Zhang Yimou