Lynx canadensis, coñecido na bibliografía internacional como lince do Canadá ou lince canadense, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das catro integradas no xénero Lynx.Lynx canadensis Kerr, 1792 en MSW.
É unha das dúas especies de linces que habitan en América do Norte. A outra é o lince vermello (Lynx rufus), que se encontra desde o sur do Canadá até o sur de México. O lince canadense, pola contra, habita máis ao norte, na taiga do Canadá e Alasca, aínda que tamén se encontra nos bosques de Idaho, Montana e Washington e, de forma máis rara en Utah, Minnesota e Nova Inglaterra.
O seu parente máis próximo é o Lynx lynx, aínda que pode cruzarse con éxito con calquera das outras tres especies do xénero Lynx.
O lince do Canadá desapareceu ou reduciu as súas poboacións en varios lugares debido á caza para conseguir a súa prezada pel, ou á destrución do seu hábitat. Porén, a UICN non considera que esta especie estea en perigo na actualidade.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés Robert Kerr, nun traballo publicado en Linnaeus, Anim. Kingdom 1: 157.
Etimoloxía O epíteto específico, canadensis, fai alusión á súa área de distribución.
Subespecies Describíronse as seguintes subespecies: Lynx canadensis canadensis Lynx canadensis mollipilosus Lynx canadensis subsolanus
Nota taxonómica Houbo debates sobre se clasificar esta especie como Lynx canadensis ou Felis canadensis, que é parte dunha cuestión máis ampla con respecto a se as catro especies de lince deben situarse no seu propio xénero, ou colocarse como un subxénero de Felis,Zielinski, William J. & Kuceradate, Thomas E. (1998): American Marten, Fisher, Lynx, and Wolverine: Survey Methods for Their Detection. Darby, PA, USA: DIANE Publishing. ISBN 978-0-7881-3628-3, pp. 77–78.Carron Meaney & Gary P. Beauvais (2004): "Species Assessment for Canada Lynx (Lynx canadensis) in Wyoming". United States Department of the Interior, Bureau of Land Management. pero o xénero Lynx é actualmente aceptado.
Características Alcanza os 90 cm de alto, só superado en tamaño por algunhas subespecies do lince común. A pelaxe é amarelada ou parda clara, e os seus pelos son largos, co fin de defenderse do frío, especialmente en inverno. Normalmente non presentan manchas ou téñenas en moi pouca cantidade, concentrándose nas patas. Os machos son máis grandes que as femias.
Dieta Adoita alimentarse de pequenos mamíferos, especialmente de lebres (observouse un ciclo de progreso e declive cíclicos similares no lince canadense e a lebre ártica), pero tamén de roedores, aves e, ocasionalmente, cervos e caribús. Acostuman a cazar de noite nos seus grandes territorios, que defenden de posíbeis intrusos.
Reprodución As femias paren de 1 a 5 cachorros en primavera.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bergerud, A. T. (1983): "Prey switching in a simple ecosystem. Scientific American 249 (6): 130. Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins: toutes les espèces du monde. París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-6030-1019-0. Kitchener, A. (1991): The Natural History of the Wild Cats. Ithaca, NY, USA: Comstock Publishing Associates. Marion, Rémy (dir.), Cécile Callou, Julie Delfour, Andy Jennings, Catherine Marion & Géraldine Véron (2005): Larousse des félins. París: Larousse ISBN 2-0356-0453-2. Nowak, R. M. (1991): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Poole, K. G. (2003): "A review of the Canada lynx, Lynx canadensis, in Canada". Canadian Field Naturalist 117: 360-376. Schwartz, M. K.; Pilgrim, K. L.; Mckelvey, K. S.; Lindquist, E. L.; Claar, J. J.; Loch, S. & Ruggiero, L. F. (2003): "Hybridization between Canada lynx and bobcats: Genetic results and management implications". Conservation Genetics 5''': 349. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. 2 vols. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Felidae Felinae Lynx''
Ligazóns externas Lynx canadensis na ADW. Canada Lynx. Lynx canadensis Kerr 1792 na EOL.
Categoría:Felinos Categoría:Mamíferos do Canadá Categoría:Mamíferos dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1792