Pietà (en ) é un filme surcoreano de 2012 escrito e dirixido por Kim Ki-duk. Conta a historia dunha misteriosa relación entre un home brutal que traballa nos préstamos e unha muller de mediana idade que di ser a súa nai, mesturando simbolismo cristián e alto contido sexual.

Tivo a súa estrea internacional na competición principal da 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o León de Ouro. Foi o primeiro filme coreano en gañar un maior premio nun dos tres grandes festivais internacionais de cinema—Venecia, Cannes e Berlín.

O título é unha referencia á Pietà (piedade), a representación da Virxe María sostendo o corpo de Xesús.

Personaxes Lee Jung-jin como Lee Kang-do Jo Min-su como Jang Mi-sun Kang Eun-jin como Myeong-ja, muller de Hun-cheol Woo Gi-hong como Hun-cheol Cho Jae-ryong como Tae-seung Lee Myeong-ja como nai do home que comete suicidio por sobredose Heo Jun-seok como home que comete suicidio Kwon Se-in como home coa guitarra Song Mun-su como home que comete suicidio guindándose

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Kim Ki-duk Categoría:Filmes de Next Entertainment World Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro