Vyasa (en , literalmente "Compilador") é o autor lendario do Mahabharata, os Vedas e os Puranas, algúns dos textos máis importantes da tradición hindú. Tamén é chamado Veda Vyāsa (वेदव्यास, veda-vyāsa, "o que clasificou os Vedas") ou Krishna Dvaipāyana (en referencia á súa complexión escura e o seu lugar de nacemento).

O festival de Guru Purnima está dedicado a el. Tamén se coñece como Vyasa Purnima, día que se considera tanto o do seu nacemento como cando dividiu os Vedas. Vyasa está considerado un dos sete Chiranjivis (de longa vida ou inmortais), que aínda existen segundo a tradición hindú.

Obras miniatura|Imaxe do sabio Vyasa (personaxe do teatro de sombras xavanés) Segundo a mitoloxía hinduísta, Vyasa puxo por escrito o coñecemento védico completo, que ata ese momento só se transmitía por vía oral de mestre a discípulo, en previsión da chegada da era de Kali (que segundo a cronoloxía hinduísta, comezou o 14 de xaneiro de 3102 a. C.). Na era de Kali, os seres humanos non terían memoria para lembrar tanto texto.

Recibiu o nome de Vyasa o Vyasadeva debido a que reordenou (vy-asa) o Rig-veda orixinal, que, segundo o propio texto foi composto por Anguiras, Kanwa, Vásishtha, Vishwamitra, Atri, Bhrigu, Kashiapa, Gritsamada e Agastia,O papel que a tradición atribúe a Vyasa é dividir o Veda único (o Rig-veda) en tres, sendo os outros dous o Sama-veda e o Iáyur-veda. O texto do Rig-veda non é atribuído ao sabio Vyasa, senón a dez rishis (poetas relixiosos): rishi ou clanṛichasporcentaxemandala preponderanteAnguiras361937 %mandala 6, especialmenteKanua131513 %mandala 8, especialmenteVásishtha127613 %mandala 7Vishua Mitra98310 %mandala 3Atri8859 %mandala 5Bhrigu4735 %Kashiapa4154 %mandala 9, especialmenteGritsamada4014 %mandala 2Agastia3163 %Bháratas1702 %total9853100 % noutros dous textos: o Sama-veda e o Yājurveda. Os hinduístas cren que tamén escribiu os 108 Upánishads (que se compuxeron ao longo de séculos dende o V a. C.), o Mahabharata (do século III a. C.) e os 18 Puranas (que se compuxeron durante séculos dende o III d. C.).

Debido ás diferenzas de estilo e ata do tipo de idioma sánscrito, é bastante notorio que os textos son obra de distintos autores de épocas moi variadas.

Legado Vyasa é amplamente reverenciado nas tradicións hindús. Construíuse un gran templo na honra de Sri Veda Vyasa no seu lugar de nacemento en Kalpi, Orai, Uttar Pradesh. O templo coñécese como Shri Bal Vyas Mandir. Shrimad Sudhindra Teerth Swamiji, o antigo gurú espiritual de Sri Kashi Math Samsthan, Varanasi, tivo a visión de construír este templo en 1998.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía The Mahabharata of Krishna-Dwaipayana Vyasa, translated by Kisari Mohan Ganguli, published between 1883 and 1896 The Arthashastra, translated by Shamasastry, 1915 The Vishnu-Purana, translated by H. H. Wilson, 1840 The Bhagavata-Purana, translated by A. C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada, 1988 copyright Bhaktivedanta Book Trust The Jataka or Stories of the Buddha's Former Births, edited by E. B. Cowell, 1895 Ligazóns externas The Mahābhārata – Ganguli translation, full text at sacred-texts.com

Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Personalidades do hinduísmo Categoría:Avatares de Vishnu