La trinchera infinita é un filme franco-español de 2019 dirixido por Jon Garaño, Aitor Arregi e Jose Mari Goenaga. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde gañou a Cuncha de Prata ó mellor director e o Premio de Xurado ó mellor guión. Foi escollido como candidato de España para o mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar, mais finalmente non foi nomeado.
Durante a guerra civil española en 1936, os acabados de casar Higinio e Rosa están asustados polos asasinatos de represalia, xa que Higinio é un republicano. Debido a iso, agóchase nun burato debaixo da súa casa coa axuda da súa muller. Malia a constante ameaza de seren descubertos, porque os falanxistas andan na súa procura, o amor da parella axúdalles a permanecer resilientes. Higinio íllase cada vez máis no seu agocho, onde permanece até a amnistía de 1969.
Personaxes Antonio de la Torre como Higinio Blanco Belén Cuesta como Rosa Vicente Vergara como Gonzalo José Manuel Poga como Rodrigo José María del Castillo Carlos Bernardino como falanxista Emilio Palacios como Jaime Enrique Asenjo Daniel Morilla Antonio Romero como Fede Óscar Corrales como Damián Manuel Domínguez como republicano 1 Esperanza Guardado Javi Mena
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Aitor Arregi Categoría:Filmes dirixidos por Jon Garaño Categoría:Filmes dirixidos por Jose Mari Goenaga Categoría:Filmes ambientados en Andalucía Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre a guerra civil española