Colin Mackennal Kraay, nado en Hampstead, Londres, o 23 de marzo de 1918, e finado en Oxford, o 27 de xaneiro de 1982, foi un numismático británico.Sutherland, C. H. V. (1982).
Traxectoria Kraay, logo da súa educación secundaria no Lancing College, en West Sussex, cursou os seus estudos universitarios de Ciencias da Antigüidade a partir de 1937 no Magdalen College, da Universidade de Oxford. Logo de acadar o primeiro grao en 1939, colaborou con Alan Wace nas escavacións de Micenas.
O seu período de formación interrompeuse pola II guerra mundial, na que tivo que participar nas forzas armadas do Norte de África e en Italia. Acabada a guerra, entre 1946 e 1947 puido retomar os seus estudos en Oxford, onde en 1953 presentou a súa tese The aes coinage of Rome and its subsidiary mint in the West, A.D. 68-81. En 1948 comezou a traballar no gabinete numismático do Museo Ashmolean, dependente da mesma universidade, como responsable de moeda da Antiga Grecia na coñecida como Heberden Coin Room. Entre 1975 e 1982 ocupou alí o posto de conservador.
Kraay dedicouse inicialmente á moeda da Antiga Roma, aínda que o seu contacto coa moeda grega nas coleccións do Museo Ashmolean fixo que pasase a sentirse máis interesado nela. En 1976 publicou un resumo sobre o seu traballo coas moedas gregas dos períodos arcaico e clásico, e en 1974, xunto con Margaret Thompson e Otto Mørkholm, publicou An Inventory of Greek Coin Hoards, a obra de referencia para os tesouros gregos.
Entre 1970 e 1974 foi o presidente da Royal Numismatic Society, de Londres."Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
Recoñecementos
1978: Medalla da Royal Numisatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. 1978: Membro electo da Academia Británica. 1980: Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións
(1956): The Aes coinage of Galba . American Numismatic Society. Nova York. (1956): Archaic and classical Greek coins. University of California Press. [Reimpresión: Londres, 1976. ISBN 978-0915262755] (1962): Die Münzfunde von Vindonissa (bis Trajan). Birkhäuser. Basilea. (1966): Greek coins. Thames and Hudson. Londres. ISBN 978-0500160107 (1968): Coins of ancient Athens. Corbitt and Hunter, Newcastle upon Tyne. ISBN 978-0900309090 (1969): Greek coins and history. Some current problems. Methuen. Londres. ISBN 978-0389010654 Recensión da obra. The American Historical Review. (1973): An Inventory of Greek Coin Hoards (con M. Thompson e O. Mørkholm). American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-068-2 (1984): The archaic coinage of Himera. Centro internazionale di studi numismatici. Nápoles.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gill, D. (2004). "Kraay, Colin Mackennal". En The Dictionary of British Classicists. Bristol. ISBN 978-1855069978 Le Rider, G. et al. (1989). Kraay-Mørkholm essays. Numismatic studies in memory of C. M. Kraay and O. Mørkholm. Institut Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art. Louvain-La-Neuve. Sutherland, C. H. V. (1982). "Kraay, Colin Mackennal, 1918-1982". En Proceedings of the British Academy. Vol. 68. Páxinas 591-605. ISBN 978-0-19-726025-8
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Persoas relacionadas co museo Ashmolean Categoría:Personalidades sen imaxes