O Rally de Noia de 1990 foi a 7ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 21 de abril de 1990 e o vencedor foi o piloto vascofrancés Marc Etchebers, sobre un Ford Sierra Cosworth.
Itinerario O rally constou de catro treitos diferentes (O Tambre, San Fins, Lesende e Outes) con dúas pasadas a cada un deles, excepto o primeiro, ao que se deron tres pasadas.
Resumo Manuel Senra e José Maceiras, cun Renault 5 GT Turbo alugado a Lino Otero, colocáronse líderes no inicio e mantiveron a posición ata o terceiro treito, onde se viron superados pola maior potencia do Ford Sierra Cosworth do piloto vascofrancés Marc Etchebers. Este marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos e chegou á meta con 26 segundos sobre o piloto de Dumbría.
Carlos Piñeiro, vencedor da edición do ano anterior, chegou en terceira posición, mentres que o vigués Antonio Trelles, que foi terceiro en varios momentos da proba, quedou finalmente cuarto da xeral e primeiro na Copa Renault. Un dos favoritos para a vitoria, Arturo Rial, tivo que abandonar despois de que o seu Citroën AX Sport saíse fóra da estrada preto do remate da segunda pasada por Lesende.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Marc Etchebers Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth2 Manuel Senra José MaceirasRenault 5 GT Turbo3 Carlos PiñeiroFord Sierra Cosworth4 Antonio TrellesRenault 5 GT Turbo5 Emilio BarrosRenault 11 Turbo8 Antonio GarridoFord Sierra Cosworth9 Alberto González Susana RodríguezCitroën AX GTAbandonos- Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport- Jorge PérezRenault 5 GT Turbo- José Viana FerreiraRenault 5 GT Turbo- Juan Carlos TáboasCitroën AX Sport
Notas
Categoría:Rally Ría de Noia Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally