A cobra de Esculapio (Zamenis longissimus) é unha especie de cobra da familia Colubridae. A súa zona de distribución forma parte do Paleártico de Europa e do occidente de Asia. Cunha lonxitude de até 2 metros, atópase entre as meirandes cobras europeas, aínda que non é tan masiva como Elaphe quatuorlineata ou a cobra rateira. A serpe de Esculapio tivo unha grande importancia cultural e histórica polo seu papel na antiga mitoloxía grega e romana e o simbolismo derivado destas.

Distribución Habita en gran parte da metade sur de Europa: dende a costa atlántica até os Balcáns, chegando a algunhas zonas de Turquía e tan lonxe como Irán. Na Península Ibérica só se atopa na zona dos Pireneos e nalgunhas zonas da Cordilleira Cantábrica.

En maio de 2020, a Sociedade Galega de Historia Natural publicou na revista Braña o avistamento da especie en Galicia por primeira vez. A cita foi realizada por Jesús María Fariñas Álvarez no concello Nogueira de Ramuín, preto da beira do río Sil, nunha zona de castiñeiros.

Comportamento Carente de veleno, depreda sobre roedores, ovos, aves e outros réptiles, aos que afoga mediante constrición. As femias producen 5-8 ovos en xuño ou xullo.

Simbolismo O seu nome vernáculo débese a que historicamente se representou a Asclepio, deus grego da medicina, cun caxato sobre o cal se enrolaba un exemplar da especie. Este caxato, denominado caxato de Esculapio (), difire do caduceo de Hermes, deus das viaxes e o comercio, no cal aparecen dous exemplares e non só un.

Notas

Categoría:Animais descritos en 1835 Categoría:Réptiles de Europa Categoría:Réptiles de Asia