miniatura|O tren á súa chegada a Sóller. O Ferrocarril de Sóller é unha liña de ferrocarril de vía estreita da illa de Mallorca que une as cidades de Palma e Sóller, pasando por Son Sardina e Bunyola. O seu largo de vía é de 914 mm e ten unha lonxitude de 27,3 km.
A liña inaugurouse o 16 de abril de 1912 e é actualmente unha das poucas liñas ferroviarias privadas de España (xestiónaa a empresa Ferrocarril de Sóller S.A.), manténdose en activo por utilizar a maquinaria de principios do século XX, o que fai que esta liña teña interese turístico por si mesma. Foi construído grazas á contribución dos habitantes de Sóller.
A liña está dividida en dous tramos: o tren de Sóller propiamente dito, entre Palma e Sóller cun percorrido de 27,3 km, e o tranvía entre Sóller e o porto de Sóller con 4,9 km de percorrido.
Historia O Ferrocarril de Sóller ten a súa orixe a principios do século XX. O 15 de novembro de 1904 publicouse no concello de Sóller o estudo definitivo do trazado ferroviario. Non foi ata o 3 de xuño de 1907 cando se iniciaron as obras.
O 30 de setembro de 1911 chegou o primeiro tren á estación de Sóller, aínda que a inauguración oficial da liña Palma-Sóller foi o 16 de abril de 1912. A liña viuse complementada co tranvía que une Sóller co seu porto e que foi inaugurado o 4 de outubro de 1913. O 14 de xullo de 1929 completouse a electrificación da liña Palma-Sóller.
En 1973 estaba nunha situación financeira tan difícil que a compañía pediu ao Estado o seu peche.La Vanguardia Española, 30 de xaneiro de 1973 Non obstante, ao converterse nun atractivo turístico, aumentou o seu uso e recibiu o apoio das institucións, evitando a súa desaparición.
Estacións Palma Son Sardina Son Reus Santa Maria Caubet Bunyola Mirador Pujol d'en Banya Can Tambora Sóller
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tranvía de Sóller
Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Ferrocarril nas Illas Baleares Categoría:Transporte en Mallorca