Maria Alice Monteiro de Campos Vergueiro, nada en São Paulo o 19 de xaneiro de 1935 e finada na mesma cidade o 3 de xuño de 2020, foi unha profesora universitaria e actriz e directora teatral brasileira, considerada a meirande actriz experimental brasileira da súa xeración.
Traxectoria Descendente da familia Campos Vergueiro, que forma parte da elite paulista descendente dos fundadores da cidade. Seu pai foi Nicolau Pereira de Campos Vergueiro Neto e súa nai Maria Antônia Borges, entre os seus antepasados figuran o senador Vergueiro, un dos máis influentes políticos da época do Imperio (1822-1889), o barón de Vergueiro, o de Antonina ou o de Ibicuí. Seu tío paterno foi o actor Carlos Vergueiro, un dos fundadores do Teatro Brasileiro de Comedia. Maria Alice estudou pedagoxía na Universidade de São Paulo.
Debutou no teatro en 1962 no espectáculo A Mandrágora, so a dirección de Augusto Boal. Pasou logo ao elenco de actores do Teatro Oficina, onde actuou en 1967 na histórica montaxe O Rei da Vela de Oswald de Andrade, so a dirección de José Celso Martinez Corrêa.
Seguindo as experiencias do teatro experimental norteamericano do Living Theatre, da obra de Bertolt Brecht e do gusto polo grotesco fundou en 1977 con Luiz Roberto Galízia e Cacá Rosset, o Teatro do Ornitorrinco, compañía coa que tamén actuou en diversos espectáculos.
En 1992, actuou e dirixiu o espectáculo O Amor de Dom Perlimplim com Belisa en seu Jardím de Federico García Lorca, inaugurando o segundo grupo da compañía que contou coa colaboración de varios profesionais do elenco principal da compañía como Ricardo Castro, Luciano Chirolli, Gerson Steves; ademais de Rosana Seligman e Wanderley Piras. En 1995 dirixiu a peza Quíntuplos, tamén do segundo grupo, con Christiane Tricerri e Luciano Chirolli entre outros. En 2002, xa afastada do Ornitorrinco, adaptou Mãe Coragem, na que tamén actuou so a dirección de Sérgio Ferrara ao lado de Rubens Caribé e José Rubens Chachá.
Na curtametraxe Tapa na Pantera, dirixida por Esmir Filho, Mariana Bastos e Rafael Gomes interpretou unha dama fumadora marihuana dende hai trinta anos que fala sobre as súas experiencias coa droga. A personaxe creouno a propia actriz. A curta foi un dos primeiros vídeos virais da Internet brasileira tras subirse a YouTube. En 2016 protagonizou a curta Rosinha, dirixida por Gui Campos e que recibiu máis de 40 premios nacionais e internacionais, entre eles o Premio Especial do Xurado no 44º Festival de Gramado.
Foi profesora de teatro na Facultade de Educación e mais na Escola de Comunicacións e Artes da Universidade de São Paulo. En 2003 detectáronlle párkinson, e morreu no Hospital das Clínicas de São Paulo, aos 85 anos vítima de pneumonía.
Teatro AnoTítulo1962A Mandrágora1964A Ópera de Tres Vinténs, de Bertolt Brecht1965A Grande Chantagem1967O Rei da Vela, de Oswald de Andrade. Dirección de Zé Celso Martinez Correa1972Gracias, Señor. Creación colectiva, dirección de Zé Celso Martinez Correa1973O Casamento do Pequeno Burguês1975Galileu Galilei. Dirección de Zé Celso Martinez Correa1977Delírio Tropical1977Os Máis Fortes, adpatación de Den starkare de August Strindberg1977Teatro do Ornitorrinco Canta Brecht e Weillcom dirección de Cacá Rosset e Luiz Roberto Galízia1978A Ópera do Malandro, de Chico Buarque de Hollanda1981O Percevejo. Dirección Luís Antônio Martinez Corrêa1982O Lírio do Inferno1983Mahagonny Songspiel, de Bertolt Brecht, con dirección de Cacá Rosset1983O Belo Indiferente, de Jean Cocteau, con dirección de Cacá Rosset1985O Gosto da Própria Carne1986Eletra Com Creta, con dirección de Gerald Thomas1986Katastrophé, dirección de Rubens Rusche1988A Vella Dama Indigna, con dirección de Cacá Rosset1989E Ponha o Tedio no...Ó1989O Doente Imaginário, de Molière, con dirección de Cacá Rosset1992O Amor de Don Perlimplim con Belisa en seu Xardín, de Federico García Lorca, so a súa dirección1994A Comedia dos Erros, de William Shakespeare, con dirección de Cacá Rosset1996No Alvo1998O Avarento, con dirección de Cacá Rosset1999Sabah das Bruxas2002Mãe Coragem e Seus Filhos, con dirección de Sérgio Ferrara2003Temporada de Gripe, con dirección de Felipe Hirsch2005O Clásico da Vangarda: documentación e historia2005Vigília Literaria2008As Tres Velhas de Alejandro Jodorowsky, so a súa dirección
Cinema AnoTítuloPersonaxe1974Amor e Medo1978O Bom MaridoFreguesa do camelô1980Maldita CoincidênciaMuito PrazerNai1983O Rei da Vela Dona CesarinaDo Outro Lado da Vida1984Divina Previdência1985Non Plus Ultra1987Urubus e PapagaiosDona MatildeCarlota Amorosidade1988RomanceAmiga de Paulo César1991O CorpoMuller do xefe da policiaOlímpicosXogadora de póker1992Perfume de GardêniaPK CadeiaOente1995Disseram que voltei...Americanizada1997A Grande NoitadaBrunhilde2000Cronicamente InviávelSeñora do atropelamento2004Ato II Cena 5actriz2005Tudo o Que é Sólido Pode DerreterDona do sebo2006Tapa na Pantera Pantera2008RelicárioAvoa2009Quanto Dura o Amor?Administradora2010Topografia de um DesnudoEsmoleira</ref>2011César!Profesora2013Jogo das DecapitaçõesRenata2014Rubras MariposasJussara 2016RosinhaRosinha 2018GórgonaEla mesma2019VergelNai (voz)
Televisión AnoTítuloPersonagemNota1987SassaricandoLucrécia1988Bebê a BordocarcereiraParticipación especial2000Brava GenteElisinha2007O SistemaLeda "Rabsicocha" J.2009Tudo o que É Sólido Pode DerreterDiaño2010Elvirão Ou Como Vovó Já DiziaElvirão2016Condomínio Jaquelineadministradora fumadora de maría
Notas
Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Brasileiros de ascendencia portuguesa Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en 1935 Categoría:Actores do Brasil Categoría:Alumnos da Universidade de São Paulo Categoría:Directores de teatro do Brasil