Viviane Katrina Louise "Viv" Albertine, nada o 1 de decembro de 1954, é unha música, cantante, compositora e escritora británica nada en Australia. É coñecida por ser a guitarrista da banda de punk The Slits desde 1977 a 1982, coas que gravou dous álbums. Antes de entrar en The Slits, formou parte de The Flowers of Romance.

Despois da separación de The Slits estudou produción audiovisual e traballou como directora de televisión freelance para a BBC e o British Film Institute.

En 2012 publicou o seu único álbum en solitario The Vermillion Border.

Escribiu dúas autobiografías, a primeira publicada en 2014 Clothes, Clothes, Clothes. Music, Music, Music. Boys, Boys, Boys con aclamación da crítica e unha segunda en 2018 To Throw Away Unopened centrada na súa familia.

Discografía En solitario The Vermillion Border (2012)

con The Slits Cut (1979) Bootleg Retrospective (1980) Return of the Giant Slits (1981)

Bibliografía Clothes, Clothes, Clothes. Music, Music, Music. Boys, Boys, Boys (2014) To Throw Away Unopened (2018)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Entrevista ̺

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Punk Categoría:Escritores en lingua inglesa