Oliver Taylor Hawkins, nado en Fort Worth, Texas o 17 de febreiro de 1972 e finado en Bogotá o 25 de marzo de 2022,Foo Fighters’ Taylor Hawkins has died foi o batería da banda de rock alternativo Foo Fighters dende 1997, cando substituíu a William Goldsmith. Tamén fundou unha banda chamada Taylor Hawkins and The Coattail Riders na cal tocaba a batería e cantaba.
Anteriormente fora o batería de xira da banda de Alanis Morissette, Sexual Chocolate, e tocou a batería na gravación de Jagged Little Pill. Despois diso tocou nunha banda experimental de curta vida chamada Sylvia, a cal cambiou o seu nome para o de Anyone e asinou un contrato co selo Roadrunner Records. O seu curmán, Kevin Harrell, foi quen o presentou a Dave Grohl, líder de Foo Fighters.
Notas
Categoría:Baterías Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1972 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Fort Worth, Texas Categoría:Finados por sobredose