Sigmund Freud (/ˈfɾoj.ð̞/; alemán austríaco: [ˈziːgmʊnd ˈfrɔʏd]; de nacemento Sigismund Schlomo Freud), nado o 6 de maio de 1856 en Freiberg (actual Příbor) e finado o 23 de setembro de 1939 en Londres, foi un neurólogo austríaco e o fundador da psicanálise, un método clínico para avaliar e tratar patoloxías consideradas como orixinadas en conflitos na psique mediante o diálogo entre o paciente e o psicanalista, así como a teoría distintiva da mente e da axencia humana derivada deste método.

Freud naceu nunha familia xudía galega (provincia histórica nas actuais Ucraína e Polonia) na cidade morava de Freiberg, no Imperio Austríaco. Doutorouse en medicina en 1881 na Universidade de Viena. Após completar a súa habilitación en 1885, foi nomeado docente en neuropatoloxía e, en 1902, profesor afiliado. Freud viviu e traballou en Viena, onde estabelecería a súa práctica clínica en 1886. Trala anexión de Austria por Alemaña en marzo de 1938, marchou do país para fuxir da persecución nazi. Morreu no exilio en 1939, no Reino Unido.

Foi o fundador da escola psicanalítica de psicoloxía, baseada na súa teoría de que o inconsciente determina o comportamento, de que certos tipos de pensamentos e recordos inconscientes, especialmente os sexuais e agresivos, son a fonte da neurose, e de que a neurose pode ser tratada traéndoos á consciencia a través dun tratamento psicanalítico. Tras recorrer inicialmente á hipnose para tratar fenómenos de histeria, abandonaríaa en favor da «asociación libre» e da «cura lingüística», que se converteron nos elementos clave da psicanálise.

É xeralmente designado como "o pai da psicanálise". Foi unha personalidade revolucionaria e controvertida xa no seu tempo. Posiblemente ningún outro explorador da psique penetrou tan fondamente na mentalidade humana do século XX. O seu impacto sobordou os límites da psicanálise, abranguendo varias áreas da cultura, entre elas, a arte, a literatura, a relixión, a antropoloxía, e outras.

A división de opinións que a figura de Freud suscita podería resumirse do seguinte modo: uns considéranlle máis un gran científico no campo da medicina, que descubriu gran parte do funcionamento psíquico humano; e outros o ven especialmente como un filósofo que reformulou a natureza humana e axudou a derrubar tabúé, pero cuxas teorías, como ciencia, fallan nun exame rigoroso.

O 28 de agosto de 1930, Freud foi galardoado co premio Goethe da cidade de Frankfurt am Main pola súa actividade creativa. Tamén en honra de Freud, ao que frecuentemente se lle denomina o pai da psicanálise, deuse o nome «Freud» a un pequeno cráter de impacto lunar que se atopa nunha meseta dentro de Oceanus Procellarum, na parte noroccidental ao lado visible da Lúa.

Ao fundar a psicanálise, Freud desenvolveu técnicas terapéuticas como o uso da asociación libre e descubriu a transferencia, establecendo o seu papel central no proceso analítico. A redefinición de Freud da sexualidade para incluír as súas formas infantís levouno a formular o complexo de Edipo como principio central da teoría psicanalítica.Jones, Ernest (1949) What is Psychoanalysis ? Londres: Allen & Unwin. p. 47. A súa análise dos soños como realizacións de desexos proporcionoulle modelos para a análise clínica da formación de síntomas e os mecanismos subxacentes da represión. Sobre esta base, Freud elaborou a súa teoría do inconsciente e pasou a desenvolver un modelo de estrutura psíquica que comprende o ego, superego e id.Mannoni, Octave, Freud: The Theory of the Unconscious, Londres: Verso 2015 , pp. 49–51, 152–54. Freud postulou a existencia dunha libido, enerxía sexualizada coa que se invisten os procesos e estruturas mentais e que xera apegos eróticos, e unha pulsión de morte, fonte de repetición compulsiva, odio, agresividade e culpa neurótica.Mannoni, Octave, Freud: The Theory of the Unconscious, Londres: Verso 2015 , pp. 146–47. Nas súas obras posteriores, Freud desenvolveu unha ampla interpretación e crítica da relixión e da cultura.

Aínda que está en declive xeral como práctica clínica e diagnóstica, a psicanálise segue a ser influente dentro da psicoloxía, psiquiatría e psicoterapia, e entre as humanidades. Así, segue xerando un amplo e moi disputado debate sobre a súa eficacia terapéutica, o seu status científico e se avanza ou dificulta a causa feminista.Para a súa eficacia e a influencia da psicanálise na psiquiatría e a psicoterapia, véxase The Challenge to Psychoanalysis and Psychotherapy, Chapter 9, Psychoanalysis and Psychiatry: A Changing Relationship de Robert Michels, 1999 e Tom Burns Our Necessary Shadow: The Nature and Meaning of Psychiatry Londres: Allen Lane 2013 pp. 96–97.

Para a influencia na psicoloxía, véxase The Psychologist, December 2000 Para a influencia da psicanálise nas humanidades, véxase J. Forrester The Seductions of Psychoanalysis Cambridge University Press 1990, pp. 2–3. Para o debate sobre a eficacia, véxase Fisher, S. e Greenberg, R.P., Freud Scientifically Reappraised: Testing the Theories and Therapy, New York: John Wiley, 1996, pp. 193–217 Para o debate sobre o status científico da psicanálise véxase , Gay (2006) p. 745, e Para o debate sobre psicanálise e feminismo, véxase Appignanesi, Lisa & Forrester, John. Freud's Women. Londres: Penguin Books, 1992, pp. 455–74. Porén, a obra de Freud infundiu o pensamento occidental e a cultura popular contemporáneas. A homenaxe poética de en 1940 a Freud descríbeo como o que creou "todo un clima de opinión / baixo o cal levamos as nosas diferentes vidas"."In Memory of Sigmund Freud"

Traxectoria esquerda|miniatura|150px| Placa conmemorativa de Sigmund Freud no seu lugar de nacemento. Vida temperá e educación upright|miniatura|alt=photograph|Lugar de nacemento de Freud, unha habitación alugada en casa dun cerralleiro, Freiberg, Imperio austríaco (posteriormente Příbor, República Checa) right|miniatura|alt=fotografía|upright|Freud (16 anos) e a súa nai, Amalia, en 1872 Sigmund Freud naceu na cidade de Freiberg (agora Příbor), unha pequena cidade de Moravia, daquela parte do Imperio Austrohúngaro e hoxe parte da República Checa. Procedente dunha familia de xudeus asquenacís non practicante, nunca usou o seu apelido xudaico Shlomo e xermanizou para Sigmund o seu nome orixinal Sigismund, recibido en homenaxe a un rei polaco do século XVI que fora tolerante cos xudeus. En 1877, ós 21 anos, abreviou definitivamente o nome co que pasou á historia.

Os seus pais eran de Galicia, unha provincia histórica que se atopa actualmente dividida entre a actual Ucraína occidental e o sueste de Polonia. O seu pai, Jacob Freud (1815–1896), era un modesto comerciante de la, tivo dous fillos, Emanuel (1833–1914) e Philipp (1836–1911), froito do seu primeiro matrimonio (casou tres veces). A familia de Jacob eran xudeus hasidistas, e aínda que o propio Jacob se afastaba da tradición, era coñecido polo seu estudo da Tora. El e a nai de Freud, Amalia Nathansohn,Gresser 1994, p. 225. que era 20 anos máis nova que el, e a súa terceira esposa, casaron co rabino Isaac Noah Mannheimer o 29 de xullo de 1855. O matrimonio estaba a pasar apuros económicos e vivían nunha habitación alugada, en casa dun cerralleiro no nº 117 da rúa Schlossergasse, cando naceu o seu fillo Sigmund.Gay 2006, pp. 4–8; Clark 1980, p. 4. Para o estudo da Torá de Jacob, véxase Meissner 1993, p. 233. Para a data do matrimonio, véxase Rice 1990, p. 55. Durante o parto naceu rodeado do saco amniótico, feito que a súa nai viu como un augurio positivo para o futuro do neno.

En 1859, a familia Freud abandonou Freiberg. Os medio irmáns de Freud emigraron a Manchester, Inglaterra, separándoo do "inseparable" compañeiro de xogos da súa primeira infancia, John, o fillo de Emanuel.Jones, Ernest (1964) Sigmund Freud: Life and Work. Edited and abridged by Lionel Trilling and Stephen Marcus. Harmondsworth: Penguin Books p. 37. Jakob Freud levou á súa muller e aos seus dous fillos (a irmá de Freud, Anna, nacera en 1858; un irmán, Julius, nacido en 1857, morrera na infancia) primeiro a Leipzig e logo, en 1860, a Viena, onde naceron catro irmás máis e un irmán: Rosa (n. 1860), Marie (n. 1861), Adolfine (n. 1862), Paula (n. 1864), Alexander (n. 1866). En 1865, Freud, de nove anos, ingresou no , un destacado instituto. Demostrou ser un alumno sobresaliente e graduouse da Matura en 1873 con honras. Amaba a literatura e dominaba o alemán, o francés, o italiano, o castelán, o inglés, o hebreo, o latín e o Grego.Hothersall 2004, p. 276.

A familia, de recursos limitados, vivía modestamente nun apartamento pero os pais farían un esforzo importante na súa educación desde moi novo. Era a época da apertura liberal do Imperio Habsburgo, que permitía ós xudeus abeirar esperanzas de progreso económico e aceptación social. Brillante nos estudos, ano tras ano, foi o primeiro da súa clase na escola.

Ós 17 anos ingresa na Universidade de Viena na facultade de Medicina onde permanecerá de 1873 a 1881 a pesar do intenso antisemitismo que comeza a abrirse paso en Austria. Tiña planeado estudar dereito, pero uniuse á facultade de medicina da universidade, onde os seus estudos incluíron filosofía con Franz Brentano, fisioloxía con Ernst Brücke, e zooloxía baixo o profesor darwinista Carl Claus.Hothersall 1995 En 1876, Freud pasou catro semanas na estación de investigación zoolóxica de Claus en Trieste, diseccionando centos de anguías nunha procura inconclusa dos seus órganos reprodutores masculinos.Véxase "estudos pasados sobre anguías" e referencias neles. En 1877, Freud trasladouse ao laboratorio de fisioloxía de Ernst Brücke (o cal converteuse nun gran mentor intelectual para el, polo que o seu cuarto fillo foi chamado Ernst na súa honra), onde pasou seis anos comparando os cerebros de humanos e outros vertebrados cos de ras e invertebrados como o lagostino e as lampreas. O seu traballo de investigación sobre a bioloxía do tecido nervioso resultou fundamental para o descubrimento posterior da neurona na década de 1890.Neste período publicou tres artigos:

Para unha análise máis profunda: O traballo de investigación de Freud viuse interrompido en 1879 pola obriga de realizar un ano de servizo militar obrigatorio. Os longos tempos de inactividade permitíronlle completar un encargo para traducir catro ensaios das obras recollidas de John Stuart Mill.Gay 2006 p. 36. Licenciouse cun MD en marzo de 1881.Sulloway 1992 , p. 22.

Carreira inicial e matrimonio miniatura|upright|Martha Bernays esposa de Sigmund_Freud