Den skyldige é un filme dinamarqués de 2018 co-escrito e dirixido por Gustav Möller. Estreouse na sección de Cinema Dramático Mundial no Festival de Cinema de Sundance de 2018. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, chegando a clasificarse na lista curta de decembro.
Sinopse Holm, un oficial de policía de Copenhaguen asignado a servizo de oficina nun centro de despacho de policía mentres se atopa baixo revisión disciplinaria, vese involucrado nun posible caso de secuestro e vese tentado a romper a lei para garantir o regreso seguro dunha muller que o chamou pola liña de emerxencia.
Personaxes Jakob Cedergren como Asger Holm Jessica Dinnage como Iben Østergård (voz) Omar Shargawi como Rashid (voz) Johan Olsen como Michael Berg (voz) Katinka Evers-Jahnsen como Mathilde Østergård (voz) Jacob Lohmann como Bo (voz) Simon Bennebjerg como Nikolaj Jensen (voz) Laura Bro como Tanja Brix (voz) Morten Thunbo como Torben
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Copenhage