Publio Cornelio Tácito, nado no ano 55 e finado no 120, foi un historiador, senador, cónsul e gobernador romano.

Traxectoria A maioría das referencias sobre a súa vida proveñen da correspondencia que mantivo con Plinio o Novo e das súas propias obras. Casou cunha das fillas de Cneo Xulio Agrícola polo que se supón que pertencía a unha familia rica.

Obra Diálogo dos oradores. Esta obra data do ano 81 aproximadamente e nela trátase o tema da educación romana e a oratoria. Agrícola. Biografía sobre o seu sogro Cneo Xulio Agrícola. Xermania. Monografía sobre a etnografía de Xermania. Historias. Constaba de catorce libros e comprendía o período desde a morte de Nerón ata a morte de Domiciano. Anais. Se cadra esta é a obra máis coñecida para os cristiáns xa que nela aparecen mencionados.

Véxase tamén

Bibliografía Anales del Imperio Romano. Grupo Axel Springer, S.L. ISBN 84-7291-958-7 Agrícola. Germania. Diálogo sobre los oradores. Editorial Gredos, S.A. ISBN 84-249-0067-7 Historias. Ediciones Akal, S.A. ISBN 84-7600-453-2 Tácito: Obras menores. Librería y Casa Editorial Hernando, S.A. ISBN 84-7155-055-5 Vida de Julio Agrícola ; Germania ; Diálogo de los oradores. Ediciones Akal, S.A. ISBN 84-460-1025-9

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Nados en 55 Categoría:Finados en 120 Categoría:Biógrafos