Kermes echinatus é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinas 157-201.

É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus: Quercus calliprinos, Quercus coccifera e Quercus ilex.Kermes echinatus Balachowsky, 1953 en ScaleNet.

Taxonomía Descrición A especie foi escrita en 1953 polo entomólogo francés, nacido en Rusia, Alfred Balachowsky,Balachowsky, A. S. (1953): "Sur les Kermes Boitard (Hom. Coccoidea) des chênes du bassin oriental de la Méditerranée". Revue de Pathologie Végétale et d'Entomologie Agricole de France 32: 181–189. a partir dunha femia achada no bosque Nahaall de Israel, sobre Quercus coccifera, especie tipo depositada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París.

Etimoloxía Para o do xénero, véxase Kermes.

O epitero específico, echinatus, é o nominativo singular do adxectivo do latín científico echinatus, -a, -um, tirado do sussbtantio do latín clásico echinus, -i, "ourizo".echinate no Merriam Webster Dictionary.

Sinónimos Ademais de polo seu nome válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Kermococcus echinatus (Balachowsky, 1953)

Características miniatura|240px|Ninfas no primeiro estadio As femias adultas son subesféricas e de cor ocre. Os adultos xoves prereprodutores son ovalados, de 2,5 a 3,2 mm de longo e de 2 a3 mm de largo, co dorso lixeiramente convexo de cos gris apardazado con 4 ou 5 liñas lonxitudinais negras e de 6 a 9 bandas transversais negras formadas por puntos e liñas. As femias reprodutoras maduras son altamente convexas, co dorso gris aparddazado con liñas negras, lonxitudinais e transversais, co corpo estreitándose na rexión posterior. As femiaa posreprodutoras son ovaladas e moderadamente convexas, de 2,9 a 4,4 mm de longo, de 2,7 a 5,1 mm de largo e de 3,2 a 4,8 mm de alto, e co dorso esclerotizado, de cor vermella con de 6 a 9 liñas transversais negras. As ninfas no seu primeiro estadio teñen o corpo ovalado e que se estreita posteriormente, miden de 0,37 a 0,44 mm de longo e de 0,14 a 0,2 mm de largo, presentando o dorso e o ventre vermellos, cunha franxa de cera branca nas marxes coa que se asentan nas pólas para alimentarse. No segundo estadio ninfal o corpo é ovalado e case plano, de cor vermella alaranxada. O corpo das ninfas do terceiro estadio é arredondado, convexo, de cor amarela brillante xusto despois da écdise (muda), con numerosas guedellas cerosas brancas que sobresaen no dorso.Kermes echinatus no GBIF. As femias de K. echinatus no terceiro estadio difiren das de K. vermilio principalmente nas antenas monoméricas (2 ou 3 segmentos) e con aproximadamente 50-60 sedas marxinales espiñentas, en K. vermilio.

Ciclo biolóxico Kermes echinatus pasa o invierno como ninfas no seu primeiro estadio pousadas nas pólas das árbores. As ninfas do segundo estadio aparecen a mediados de abril, seguidas das ninfas do terceiro estadio contra finais de maio. As larvas e pupas masculinas aparecen desde finais de abril até finais de maio. As femias maduras, preovipositoras e ovipositoras adultas, durante maio e xuño. Os individuos acabados de nacer aparecen a finais de xuño, permanecendo nesta etapa até que se asentan en pólas durante o verán, outono e inverno até abril do ano seguinte.

Como no resto dos cocoideos, provoca danos directos sobre ás árbores colonizadas, debidos á succión do zume. Mediante as picadas producidas polas larvas e as femias adultas ocasiónase un debilitamento da árbore.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172. Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88. Porcelli, F. & G. Pellizzari (2014): "Description of female nymphal instars and adult female of Kermes echinatus Balachowsky (Hemiptera, Coccoidea, Kermesidae) based on specimens from Crete and mainland Greece, with a discussion on geographical variation". Zootaxa 3878 (1): 61–74. Spodek, M. & Ben-Dov, Y. (2012): "Morphology of the first-instar nymph and adult female of Kermes echinatus Balachowsky, with a comparison to K. vermilio Planchon (Hemiptera, Coccoidea, Kermesidae)". ZooKeys 246: 11-26. Texto completo .

Outros artigos Cocoideos Quermésidos Kermes

Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Parasitos