Richard Edson, nado en New Rochelle (Nova York) o 1 de xaneiro de 1954, é un actor e músico estadounidense.

Traxectoria Edson foi o primeiro batería da banda Sonic Youth, dende 1981 ata 1982. Durante ese tempo tamén tocou na banda Konk. Despois da edición do EP de debut de Sonic Youth Edson deixou a banda para tocar a tempo completo con Konk. Tamén tocou a trompa no álbum homónimo da banda de San Francisco The Offs, editado en 1984.

Despois de saír dese grupo, Edson adicouse a actuar e leva aparecido nunhas 35 películas, entre as que están Good Morning, Vietnam, Platoon e Strange Days.

Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados no condado de Westchester, Nova York Categoría:Membros de Sonic Youth