James Gregory, nado en Drumoak, Aberdeenshire, no 1638 e finado en Edimburgo no 1675, foi un matemático e astrónomo escocés. Estudou no Marischal College da Universidade de Aberdeen e en 1663 estableceuse en Londres. En 1664 viaxou a Italia e traballou na Universidade de Padua xunto a Stefano degli Angeli. Foi profesor nas universidades de St Andrews e Edimburgo.

Dise que foi o matemático inglés máis notable do seu século despois de Newton. Nese eido, son destacables as súas aportacións na primeira demonstración do teorema fundamental do cálculo e polo descubrimento das series de Taylor (anos antes de facelo o propio Taylor).

Un cráter lunar foi bautizado como Gregorio na súa honra.

Traxectoria miniatura| Vera circuli et hyperbolae quadratura, 1667 Publicou varios libros, dos cales os máis coñecidos son: Optica Promota en 1663, e Vera Circuli et Hyperbolae Quadratura en 1667.

Optica Promota Neste libro describe un tipo de telescopio reflector que acabaría por levar o seu nome: o telescopio tipo Gregory ou "gregoriano". O fundamento deste telescopio baséase no uso dun espello secundario parabólico, que elimina a aberración cromática e a aberración esférica que se producían nos telescopios de refracción. Aínda que James Gregory nunca foi quen de construír un, empezaron a fabricarse nos anos posteriores. Este tipo de telescopios hoxe en día están obsoletos, porque actualmente hai modelos máis optimizados; con todo, algúns radiotelescopios como o Arecibo seguen a usar a óptica gregoriana.

O libro tamén menciona un método para calcular a distancia entre a Terra e o Sol, empregando o tránsito de Venus. Este foi o primeiro método fiable usado para determinar o valor da unidade astronómica (AU), ata a chegada de modernos sistemas láser e radar .

Vera Circuli e Hyperbolae Quadratura Neste traballo estúdase a posibilidade de calcular a área de círculos e hipérboles mediante series infinitas converxentes. Un ano despois, o libro sería publicado, mostrando os métodos para obter volumes de sólidos de revolución . Unha das fórmulas desenvolvidas en series infinitas converxentes que resultou de máis utilidade foi a do arcotanxente:

,

que anos despois John Machin empregaría para calcular o valor do número π .

Tamén se especula sobre a existencia de números transcendentes, deduce a imposibilidade de resolver o problema de cuadrar o círculo e fai contribucións aos polinomios de Taylor así como a primeira proba do teorema fundamental do cálculo integral . James Gregory tamén é o descubridor da Rede de difracción, que permite separar a luz en diferentes lonxitudes de onda.

Obras

1663 – Optica promota. 1667 – Vera circuli et hyperbolae quadratura (en galego, A verdadeira cuadración do círculo e a hipérbole). 1668 – Exercitationes geometricae (en galego, Exercicios xeométricos) 1668 – Geometriae pars universalis (en galego, A parte universal da xeometría)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «James Gregory» (en inglés). MacTutor History of Mathematics archive. Whiteside, D.T. Gregory (More Correctly Gregorie), James. Complete Dictionary of Scientific Biography. 2008. Encyclopedia.com. Consulta 6 juliol 2014. , The Galileo Project, Richard Westfall. Vera circuli et hyperbolae quadratura, en Intenet Archive

Categoría:Matemáticos de Escocia Categoría:Nados en 1638 Categoría:Finados en 1675 Categoría:Alumnos da Universidade de Aberdeen Categoría:Profesores da Universidade de Edimburgo