A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século e comezos do século e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece.
Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Os actuais proxectos gobernamentais, das agrupacións locais e europeas, adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas, Muros e A Coruña; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais ZEC e ZEPA dentro da Rede Natura 2000 por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.
O nome miniatura|page=200|"Coast of Death" en Galicia, The Switzerland of Spain (1909). Artigos en xornais do século recollen os primeiros usos escritos de costa da morte. Algúns autores consideran que eses son os primeiros usos dese nome para esta costa. Noutros casos, retrotráese ó 8 de xaneiro de 1908 nunha obra en inglés de Annette Meakinhttps://www.quepasanacosta.gal/articulo/cultura/cando-naceu-o-nome-da-costa-da-morte/20110318090042067375.html. A literatura do século evocou os naufraxios en cabo Vilán e Fisterra: Rosalía de Castro relatou como "numerosas embarcacións foron alí sempre xoguete das ondas irritadas" e que "como lixeiras plumas desapareceron nun instante da superficie das augas".Rosalía de Castro. La hija del mar. 1859. páx. Sobre do cabo Vilán, Eduardo Pondal dixo, versando, que este "Cumpre se cadra unha fatal condena... Testigo de naufraxios e combates" en referencia os naufraxios na costa nas décadas finais do século.Eduardo Pondal, Rumores de los pinos. Poesías, Santiago, 1877, páx. 25-26. Un artigo de 1905, ilustrando o número de naufraxios e incidencias de navegación, anotou nun mapa todo o litoral desde Vigo a Ferrol como "Costa de la Muerte".“Naufragio del Cardenal Cisneros”, Vida Marítima, 10/11/1905, páx 12. Nesas décadas o goberno formulou plans para resolver un segundo ciclo de alto número de traxedias marítimas neste litoral e chamoulle á costa noroeste galega "costa brava ou da morte" no proxecto lexislativo.Proyecto de la reforma del Plan General de Balizamiento de las costas y puertos de España. Costa del Noroeste. Año 1904. Citado en Sánchez García, Faros de Galicia, páx 143. Nesas datas, en 1905, Emilia Pardo Bazán usou o mesmo termo mencionando os "traidores cantís" e a "garra do monstro estendida para agarrar con forza as ondas".Emilia Pardo Bazán, “La vida contemporánea”, LIA, no 1247, 20/11/1905, páx. 746. En 1920 nun artigo da revista coruñesa El Orzán describiuse unha travesía preto da illa de Sálvora e dicía que a "costa da morte" estaba "saturada de prestixio literario coa súa lenda de traxedias".Conde de Santibáñez del Río, “La Costa de la Muerte (impresiones de viaje)”, El Orzán, 07/09/1920, páx. 1.
Viaxeiros ingleses publicaron artigos e estenderon a fama da costa empregando "coast of death", con descricións como a seguinte de 1922, no século e :A versión orixinal en inglés di: In the sheltered calm of the Finisterre road one forgets all about the Coast of Death, which is the name given to the Galician coast from Vigo to Malpica and the Islas Sisargas. But one has no sooner passed the town of Finisterre and begun to mount the hill El Facho..., than, even on a calm blue day, one begins to hear a great roaring of water, and sees lines of foam about the cliffs of the outer coast. e foi publicada en Aubrey Fitz Gerald Bell, Spanish Galicia, Londres, 1922, páx. 96
Os tópicos que se foron asentando sobre esta franxa costeira relatáronse nas seguintes décadas. Algún texto describe como un barco abandonado preto de Baldaio navegaba sen tripulación dicindo que era "tripulado só pola Morte, [e que] foi visto á mesma hora en toda costa brava. Desde A Coruña ata Fisterra.J. Mas, La Costa de la Muerte, capítulo X, páx. 61-63.
Límites miniatura|Cabo Vilán, en San Xurxo de Camariñas, preto de Punta Boi. Algúns autores argumentan que se lle acuñou o nome de costa da morte á costa que vai das illas Sisargas e a ría de Muros polo elevado número de naufraxios acontecidos no século XIX, sendo moitos deles barcos de bandeira inglesa. Esa denominación mariñeira referiuse de diferentes xeitos, incluíndo sempre dun xeito ou doutro, á rexión litoral que comprende a costa que vai de Malpica de Bergantiños a Fisterra.
Na actualidade algúns plans de actuación gobernamental (como os de promoción económica, os elaborados por agrupacións locais ou de portais de novas) empregan a denominación Costa da Morte marcando outros límites, por exemplo, referíndose a todos os concellos da Laracha ata Muros; isto é, a comarca de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra e Muros.
Naufraxios Son moitos os naufraxios que se produciron nesta zona ao longo da historia. Compilacións feitas con rexistros sobre dos naufraxios na Costa da Morte contabilizaron ata 643 naufraxios, sobre dun total dos 1370 do litoral galego dos que haxa rexistros escritos. O número de persoas desaparecidas na Costa da Morte foi amplo, e o de mortos puido superar as 5984 persoas.
miniatura|O HMS Sepent afundido en 1890 en Punta Boi, Camariñas A Armada de Padilla, que contou con tres galeóns e naos e tripulación portuguesa, francesa e irlandesa, esbourou preto de Fisterra en outubro de 1596 deixando 1723 mortos, que foron soterrados nos areais de Fisterra. Restos desta frota foron descubertos na costa fisterrá no 2015. O barco bilbaíno Cantabria, saído de Bos Aires, esbourou en 1773 diante de Coenda, Camariñas, deixando 51 mortos. En 1870 o barco británico HMS Captain de Plymouth varou ao sur do cabo Fisterra deixando 453 mortes. En 1890 o barco británico HMS Serpent, que partiu de Plymouth camiño de Serra Leoa, chocou contra a Punta do Boi por mor dun temporal. Nesa catástrofe morreron 169 persoas e soterráronse preto da praia onde vararon, a Praia do Trece en Camariñas no Cemiterio dos Ingleses. Entre 1900 e a primeira guerra mundial contabilízanse 22 mortos por naufraxios, ata o 1950 outros 33, e ata o 2014 outros 47.
Moitos naufraxios deron nome a cabos ou baixos, coma os baixos do Serpent e do Lucin, en Trece, e o Atain'', en Traba.
Lista de naufraxios ata 1907 Nome do barcoPaísAnoLugarVítimasAtaínInglaterra -Praia do Arnado, Traba -MaryGalicia -Zona de Corme -SisargasGalicia - Zona de Corme -EverildaGalicia - Zona de Corme -CormeGalicia -Zona de Corme -Joven ConsueloGalicia - Zona de Corme -FelicidadGalicia -Zona de Corme -FranchEspaña -Zona de Corme -PazocoEspaña -Zona de Corme ?-Clara CamposEspaña -Zona de Corme -EmbakaInglaterra -Zona de Touriñán -M. KastanauGrecia - Carrumeiro -PadovaItalia -Zona de Corme -BonitaEspaña -Zona ría Corcubión -RosalíaEspaña -Zona ría Corcubión -HawringzInglaterra -Zona ría Corcubión -JacquelineFrancia -Zona ría Corcubión -EraclitoGrecia -zona ría Corcubión -RibadaviaInglaterra -Trece, Camariñas -CantabriaEspaña1773Coenda, Camariñas15FranllaFrancia1815Cabo Vilán, Camariñas4AdelaideInglaterra1830Ría de Corme e Laxe16Great LiverpoolInglaterra1846Ría de Corcubión 3 WolfstrongInglaterra1870Negra, Arou28CaptainInglaterra1872Preto de Fisterra800 +RouseullInglaterra1874Centolo, Fisterra -RevanchilInglaterra1875Negra, Arou -PerranchinsFrancia1875Negra, Arou -LionneFrancia1875Centolo, Fisterra -John TenatInglaterra1875Lagosteira, Fisterra -MercanteEspaña1875Cabo Fisterra9DuróEspaña1876Baleas, Camariñas -FalcónInglaterra1877Lagosteira, Fisterra -SirsamInglaterra1877Estorde -MargaritaItalia1878Lagosteira, Fisterra -BittenInglaterra1878Cabo Fisterra10EuropaInglaterra1878Cabo Touriñán -Irurac-BatEspaña1882Cabo Touriñán31DouroInglaterra1882Cabo Touriñán42SunriseInglaterra1882Fisterra -ChamoisInglaterra1883Cabezo, Camelle -Iris HullInglaterra1883Ponta do Boi, Camariñas37HuelvaInglaterra1885Percebeira, Camelle -TumbridgeInglaterra1890Punta do Boi, Camariñas -DervenwaterInglaterra1890Illote Lobeiras2HMS SerpentInglaterra1890Punta do Boi, Camariñas172Loss of the TrinacriaInglaterra1893Punta do Boi, Camariñas30BrignettiItalia1893Arnela, Camariñas -SeeboldEspaña1895Baleas, Camariñas -ConstanciaEspaña1896Carniceira, Camariñas -DaylightInglaterra1897Pelouro, Arou -City of AgraInglaterra1897Baixo Negro, Arou29StandardNoruega1897Baixo Negro, Arou3Saint WellerInglaterra1898Percebeira, Camelle -Saint MarcInglaterra1898Pedra do Sal, Arou -BarcelonaAlemaña1898Capelo, Santa Mariña -SveaNoruega1898Cabo Touriñán -ÓscarAustria1899Barrosas, Roncudo -Boedo e PonteEspaña1900Barra, Cabana4TurretInglaterra1900Praia do Rostro -GijónEspaña1900 - -AnnubisGrecia1900Cabo Touriñán -RiveraInglaterra1901Cabo Touriñán -Skuld StawangerInglaterra1901Illote Lobeiras -Nsa. Señora do CarmeEspaña1901Ría de Corcubión -Signore MazziniItalia1902Arou?SvtfordSuecia1903Fisterra9KenmoreInglaterra1904Praia de Traba6Draga Rosario 2Países Baixos1904Batidora - Santa Mariña -YeomanInglaterra1904Pedra do Porto4ErezaEspaña1904Ría de Corbión -ForstecInglaterra1904Lagosteira -PolimnyaGrecia1904Carrumeira -Francisca RosaEspaña1904Lobeiras -PrestonInglaterra1906Punta do Boi -GladiatorEspaña1907Roncudo -DenewelInglaterra1907Ría de Corcubión -
miniatura|300px|<center>CÔTESD ' E S P A G N EPARTIE DE LA GALICEdepuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.
Lista de naufraxios dende 1907 Lista dalgúns naufraxios ocorridos na Costa da Morte dende 1907.
Nome do barcoPaísAnoLugarVítimasParranchinsFrancia Enseada do TreceRosario1908Laxe do BoiTrevider1911 Enseada do TreceNataliaEspaña 1915Pedra do Porto, CamelleBlack ArrowEstados Unidos de América1921Cabo Vilán0LuzEspaña1923Laxe do BoiSanta María1923ArouSan Fernando1925 Enseada do TreceNilFrancia1927Arou0TrebezyInglaterra1929Enseada da ArnelaMaría del Carmen1931Punta da Barca2Boris SheboldaefRusia1934Pedra do Porto, Camelle0AlekosGrecia1935Enseada do TreceModesto FuentesEspaña1935 Enseada do TreceYale HermosoPortugal1941 Punta da PedrosaNord AtlanticAlemaña1943Cabo VilánMaria LaarGrecia1950Punta do Capelo0Castillo de Monteagudo1951Arou0Mina Sorriego1954Punta da Barca11OlimpieFrancia1955 Punta do BoiBanoraMarrocos1965Cabo Vilán0José Antonio Lasa1966Punta da Barca11Un velero encalla en uno de los puntos negros de la Costa da MorteBegoñaCorme1966 Punta do BoiInogedo1970Punta BuitraNadalmar 71981Punta da Barca0Star AnnReino Unido1983Laxe do BoiLarra1987Punta da Barca0A Xana1991Punta da Barca5PrestigeGrecia200230 millas do cabo Vilán
Turismo
A costa está salpicada de belas paisaxes como as praias de Trece, Reira ou Ariño (Camariñas), Laxe, Traba e Soesto (Laxe), Mar de Fóra e O Rostro (Fisterra), os penedos de Pasarela e Traba, a costa do cabo Vilán e a costa que une Camelle con Traba.
A Costa da Morte conta cun rico patrimonio paisaxístico, etnográfico e megalítico. O seu litoral e costa están declarados como Lugar de importancia comunitaria.
A Costa da Morte tivo en 2016 323 mil visitas turísticas, das cales dous terzos foron turistas estranxeiros. No seu patrimonio destaca o gran número de faros, como o do cabo Fisterra, un dos máis visitados de Europa, e que estivo declarado entre o 2007 e 2015 como Patrimonio Europeo.
Arqueoloxía A zona é notable pola conservación de moitos monumentos megalíticos, que levou á planificación para algúns deles do proxecto Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (v. lista completa en Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña).
Ponteceso miniatura|Pedra da serpe