Manuel Rial González, nado na Escusa (Poio) cara a 1936 e finado na Lama o 7 de xullo de 2020, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Garda forestal de profesión. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde da Lama con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas municipais de 1983, 1987 e 1991 por Coalición Popular, Alianza Popular e o PPdeG.
Recoñecementos
Foi nomeado fillo adoptivo do concello da Lama en 2002.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais na Lama
Ligazóns externas Falece Manuel Rial, o primeiro alcalde da democracia na Lama, en Pontevedra Viva, 7-7-2020.
Categoría:Alcaldes da Lama Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes