15 años y un día é un filme español de 2013 dirixido por Gracia Querejeta. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme xira arredor de Jon, un rapaz de quince anos conflitivo e desobediente que comeza a xuntarse con malas compañas. Para remediar esta complicada situación, e a raíz dunha expulsión no colexio, a súa nai decide envialo co seu avó, un militar retirado que exerceu na guerra de Bosnia. O estrito home tentará encauzar o mozo a través de distintos medios de educación e disciplina.
Personaxes Tito Valverde como Max Maribel Verdú como Margo Arón Piper como Jon Belén López como inspectora Aledo Susi Sánchez como Cati Boris Cucalón como Toni Pau Poch como Nelson Sofía Mohamed como Elsa Nerea Mazo como Nera
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Gracia Querejeta