Andrea Fátima dos Santos, coñecida como Andréa del Fuego, nada en São Paulo en 1975, é unha escritora brasileira.
Traxectoria Andréa del Fuego naceu na cidade de São Paulo, en 1975. Licenciada en Filosofía pola Universidade de São Paulo, é autora de novelas, contos e libros xuvenís. Na adolescencia tivo formación técnica en publicidade, época en que escribía contos eróticos na radio 89 FM, e recibiu o convite para crear unha sección de respostas a dúbidas sobre sexo como un personaxe. O editor da publicación, con todo, pide que a escritora invente un pseudónimo como columnista. Por suxestión da súa sogra, a autora adopta o nome Andréa del Fuego non só na columna, tamén en toda a súa carreira.
É autora da novela Os Malaquias publicada na Alemaña, Italia, Francia, Israel, Romanía, Suecia, Portugal e a Arxentina. As Miniaturas, foi publicado na Arxentina e en Francia. Autora tamén da triloxía de contos Minto enquanto posso, Nego tudo e Engano seu, dos xuvenís Sociedade da Caveira de Cristal, Quase caio e Irmãs de pelúcia. Integra as antoloxías: Geração Zero Zero, Popcorn Unterm Zuckerhut (Alemaña), Other Carnivals: New Stories (Inglaterra), Brésil 25 (Francia) entre outras.
Ao lado doutras autoras brasileiras contemporáneas, como Índigo, Cecília Giannetti e Carol Bensimon, tivo un conto publicado na colectánea Histórias femininas (editora Scipione, 2011). Forma parte da chamada "xeración blog", primeira xeración de escritores brasileiros que empezou a utilizar de forma sistemática e masiva Internet como medio creativo e ferramenta de divulgación.
Leva obradoiros de escrita criativa e investiga a obra de Raduan Nassar na área da Filosofía (USP).
Como colunista do programa Entrelinhas, da TV Cultura, produciu materias sobre autores como Murilo Rubião, Roberto Bolaño, Ana Akhmatova, Julio Cortázar e Enrique Vila-Matas.
Obras publicadas
Novelas
Os Malaquias (2010). Língua Geral. Conta a historia de tres irmáns que fican orfos cando seus pais son atinxidos por un raio. As Miniaturas (2013). Companhia das Letras. Sofia, o cobrador e o motorista
Contos
Minto enquanto posso (2004). Ed. O Nome da Rosa. Nego tudo (2005). Fina Flor. Engano seu (2007). Ed. O Nome da Rosa. Nego fogo (2009). Dulcinéia Catadora.
Infanto-xuvenís
Blade Runner (2007). Mojo Books. Crônica (2008). Editora Escala Educacional. Quase caio (2008). Escala Educacional. Sociedade da Caveira de Cristal (2013). Scipione.
Infantil
Irmãs de pelúcia (2010). Scipione.
Participacións en antoloxías
Os cem menores contos brasileiros do século (Ateliê Editorial, Org. Marcelino Freire, 2004) 30 mulheres que estão fazendo a nova literatura brasileira (Editora Record Org. Luiz Ruffato, 2005) Geração zero zero (Editora Língua Geral, Org. Nelson de Oliveira, 2011) Escritores escritos (Editora Flaneur, Org. Victoria Saramago, 2010) Galeria do sobrenatural (Terracota Editorial, Org. Silvio Alexandre, 2009) 90-00 Cuentos brasileños contemporáneos (Ediciones Copé, selo editorial da Petroperu – Org. Maria Alzira Brum Lemos e Nelson de Oliveira; tradução de Alan Mills e José Luis Sansáns, 2009, Peru) Futuro presente (Editora Record, Org. de Nelson de Oliveira, 2009) Um rio de contos – antologia luso-brasileira (Editorial Tágide – Org. de Celina Veiga de Oliveira e Victor Oliveira Mateus, 2009, Portugal) O livro vermelho dos vampiros (Editora Devir – Org. Luiz Roberto Guedes, 2009) Blablablogue (Editora Terracota – Organização de Nelson de Oliveira, 2009) O Pequeno Príncipe me disse (Editora Luk – Organização de Sheila Dryzun, 2009) Pitanga – 52 micro-contos (Editorial Pitanga – Organização de Luísa Coelho, 2008, Portugal) Capitu mandou flores (Geração Editorial – Organização de Rinaldo de Fernandes, 2008) Contos de algibeira (Casa verde – Organização de Lais Chaffe, 2007) 35 segredos para chegar a lugar nenhum (Bertrand Brasil – Organização de Ivana Arruda Leite, 2007) 69/2 contos eróticos (Editora Leitura – Organização de Ronald Claver, 2006) Doze (Editora Demônio Negro – Organização de Vanderley Mendonça, 2006) Fábulas da Mercearia – uma antologia bêbada (Editora Ciência do Acidente – Org. Joca Reiners Terron, 2004)
Premios
2011: Finalista dos Premios São Paulo de Literatura e Jabuti (na categoría novela). 2011: Prémio Literário José Saramago,Literatura: Andréa del Fuego vence Prémio Saramago com "Os Malaquias". Expresso, 25 de outubro de 2011 por Os Malaquias. Premio Literatura Para Todos do Ministerio da Educación coa novela Sofia, o cobrador e o motorista
Notas
Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados en 1975