José Antonio Rivadeneira,O segundo apelido é para a Real Academia de Historia "Villaguisada" e para o crego estudoso da súa vida, Jesús Guerra, "González", que coincide co apelido da nai nado o 9 de abril de 1774 na Casa Grande de Loureiro-Buciños, provincia de Lugo, e finado o 26 de xuño de 1856 en Valladolid, foi un crego católico galego, foi bispo de Valladolid e senadorFicha no Senado pola provincia de Lugo.

Traxectoria miniatura|A Casa Grande de Loureiro, Buciños, no século XXI José Antonio Rivadeneira procedía dunha boa familia labrega galega, a Casa Grande de Loureiro de Baixo, fillo de Margarita Josefa González e José Lorenzo Rivadeneira. Bautizouno o 12 de abril en Buciños o crego D. Pedro Boán.

Estudou humanidades no Mosteiro de San Benito el Real de Valladolid, despois na Universidade de Santiago de Compostela estudou Filosofía, Dereito Canónico e Civil, doutorándose nesas materias na Universidade de Osma. Foi ordenado sacerdote en 1800 e o mesmo ano recibiu o título de doutor iuris utriusque pola Universidade de Osma. En 1801 foi nomeado párroco en San Salvador de Maceira (diocese de Tui). En 1805 volveu a Lugo despois de gañar por oposición a praza de cóengo doutoral. Foi secretario de Felipe Peláez de Caunedo, bispo de Lugo, e o seu avogado de Cámara. Durante a Francesada foi obrigado, con outros cinco curas de Lugo, a prestar xuramento de fidelidade e obediencia ao rei José Bonaparte; pero negouse, fuxiu e escondeuse, polo que os franceses, saquearon a súa casa e destinárona para aloxamento das tropas.

Despois, en 1809, o clero lucense nomeouno novo deputado na Xunta de Goberno. Á morte do bispo de Lugo, Felipe Peláez, o 9 de xullo de 1811, foi nomeado vicario capitular. En 1813 foi nomeado "Comisario y Juez ordinario de cruzada, y el Rey Fernando VII, noticioso de su fidelidad" nomeouno cóengo cardeal da Catedral de Santiago, na que tamén foi Xuíz Real do Subsidio eclesiástico extraordinario, Vicario capitular, e en 1822 reitor da universidade compostelá. Tamén foi profesor de Institucións Canónicas en Santiago. O clero elixiuno deputado nas Cortes. miniatura|O carballo da Casa Grande, árbore senlleira que viu criarse a José Antonio Rivadeneira O papa León XII nomeouno o 2 de outubro de 1826 como auditor da Sagrada Rota Romana para Castela, a proposta do Rei de España. O mesmo día, o papa nomeouno Prelato da Pontificia Casa, despois Penitenciario Apostólico.

O 24 de agosto de 1830, José Antonio Rivadeneira foi nomeado bispo de Valladolid (sucedendo a D. Baltasar Toledano) e preconizado por Roma o 28 de febreiro de 1831. Chegou a Barcelona o 29 de marzo de 1831 e con en traía os restos dun mártir que doou a Buciños, o San Pexerto.

Foi ordenado bispo o 15 de maio de 1831 en Madrid polo bispo de Salamanca, Agustín Lorenzo Varela Temes (nado en Santa María de Sabadelle-Chantada); Os co-conselleiros foron Joaquín Abarca Blaque, bispo de León, e o bispo Pablo García Abella, bispo auxiliar de Toledo. O 22 de xuño entrou na súa diocese.

O Seminario de Valladolid débelle grandes reformas e a creación do gabinete de Física e Historia Natural. En 1834 foi nomeado prócer do Reino, pero aproveitando a epidemia do cólera non asistiu ás Cortes e retirouse da política activa á súa diocese. Despois de 25 anos no cargo de bispo de Valladolid, morreu en 1856 no seu bispado. O seu corpo foi soterrado na nave do Santísimo Cristo da catedral de Valladolid.

A Universidade de Santiago consagrou un recordo á súa memoria, dedicándolle un vitor colocado sobre a porta dunha das aulas no lado leste da planta baixa do edificio.

A súa memoria conservouse na contorna de Buciños por ser quen trouxo de Roma o corpo do santo, do San Pexerto.

En 2014 o Concello de Carballedo puxo o seu nome a unha rúa na Barrela.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Philippe Bountry: Officiers subalternes de la curie et consulteurs des congrégations romaines en fonctions sous la restauration (1814-1846) (notas brèves). En: Souverain et pontife. Investigación en prosopografies sobre a Curie Romaine á rexión da restauración (1814-1846). École française de Rome, Roma 2002, marxe núm. 508-509. Fernando Chueca Goitia: La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura española. Reverte, Madrid 1998, p. 222.

Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1774 Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en 1856