Cuarto de Inverno é unha editorial galega con sede en Arzúa fundada en 2019 por David Cortizo Conde e Andrea Jamardo.

Está orientada tanto á narrativa como á poesía e comezou a súa andaina coa publicación de obras de Tamara Andrés e mais de Antía Yáñez, ás que seguirían outras de Teresa Moure e o tándem formado por Iria Pinheiro e María Lado.

O seu catálogo divídese en tres coleccións: literatura infantil, xuvenil e de persoas adultasLapela "Coleccións" no sitio web da editorial..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da editorial

Categoría:Editoriais de Galicia