Benigno Rey Balbís, nado en Reboredo (Bergondo) en 1912 e finado en Gandarío o 11 de novembro de 1993,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-11-1993, p. 70. foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Benigno Rey Infante, patrón de barco, e irmán de Francisco Rey Balbís. Mariñeiro, en maio de 1935 aprobou o exame de patrón de tráfico.La Voz de Galicia, 16-5-1935, p. 8. Foi enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que comandaba o seu irmán Moncho. Conseguiu marchar a Francia en 1950. A Garda Civil obrigou a súa irmá Josefa a identificar como seu o cadáver dun guerrilleiro falecido o 4 de outubro de 1950 cando a Garda Civil o sorpredeu xunto cun compañeiro refuxiados nunha casa dos Campos de Vigo de San Xurxo de Moeche (Moeche) onde se ocultaban. Cercados, saíron ás présas, un foi ferido e despois rematado no chan mentres o outro logrou romper o cerco e fuxir. O cadáver do guerrilleiro foi soterrado no cemiterio de Moeche e a súa defunción inscrita no Rexistro civil como Benigno Rey Balbís.La tumba del guerrillero desconocido, La Voz de Galicia, Ferrol, 8 4-2001, p. 9.
Benigno retornou a Galicia en 1979. Nas eleccións municipais de 1983 formou parte da candidatura de Esquerda Galega ao concello de Bergondo.La Voz de Galicia, 24-4-1983, p. 42. Morreu en Gandarío (Bergondo) o 11 de novembro de 1993. Vida persoal
Casou con María Lata Bujía e foi pai de María del Carmen, Fina, Benigno e Francisca Rey Lata. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Guerrilleros más activos de la "IV Agrupación" de la guerrilla antifranquista en la comarca de Betanzos, As Mariñas y zona de Abegondo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes