Nothofagus antarctica é unha árbore da orde das fagales, familia das notofagáceas, que é a especie tipo do seu único xénero, Nothofagus.
É propia do Suramérica, do bosque andino patagón. A súa aparición na illa Hoste fixo que se considerara a árbore máis austral da Terra; porén, en 2019 encontrouse que Nothofagus betuloides chegaba máis ao sur, á illa Hornos, a unha latitude de 55° 56′ 50″ S.
Características Nothofagus antarctica é unha árbore caducifolia que alcanza a medir entre os 10 e os 25 m de altura e ten troncos delgados de configuración escalonada. As follas son simples e alternas, de 5 a 35 mm de longo, co bordo dentado e ondulado; están cubertas cunha cera de aroma doce. E cor da follaxe é verde medio tornándose a amarela-avermellada no outono. Perde por completo as súas follas no inverno. A flor é pouco rechamante, de cor amarela verdosa. O froito mide 6 mm, é moi fragrante e está composto de 4 valvas que conteñen tres noces. A casca das árbores novas son lisas, de cor gris ou parda purpúrea, con destacadas lenticelas brancas horizontais; a casca das árbores vellas é áspera e fisurada, de cor gris.
Na illa Grande da Terra do Fogo é habitual que estea cuberta dunha chamada barba de árbore, barba de vello, barba do demo ou barba de indio, un lique verde claro con aspecto piloso.
Distribución, hábitat e bioloxía miniatura|240px|Follaxe miniatura|240px|Arbusto deitado pola acción do vento Nothofagus antarctica é nativa do bosque andino patagón, onde se estende desde a latitude 33° S até a Terra do Fogo (56° S). Na Arxentina, desde a provincia de Neuquén até a provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur e en Chile distribúese entre as rexións de O'Higgins e a de Magallanes e da Antártica Chilena. Crece principalmente en áreas dos Andes e na illa Grande da Terra do Fogo, en solos delgados e con temperaturas baixas case todo o ano.Baldwin, H. (2018): Antarctic Beech. Nothofagus antarctica na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 20 de xullo de 2020.
A especie preséntase tanto como árbore como arbusto. Raramente supera os 150 anos de idade, pero observouse que alcanza os 200 nalgunhas zonas. Sábese que prospera en áreas con problemas naturais, como deslizamentos de terra e incendios. En contraste, a rexeneración de Nothofagus antarctica é escasa ou ausente en zonas non perturbadas. Entre os Nothofagus de América do Sur, esta especie encóntrase na máis ampla gama de tipos de hábitats: áreas de drenaxe pobre en elevacións baixas ou altas, sitios expostos de substrato inestábel na liña arbórea alpina, depresións topográficas suxeitas a drenaxe de aire frío, ladeiras empinadas con solos pouco profundos e sitios secos cerca do ecotón da estepa patagoa. En xeral, é común en sitios que son demasiado severos para a maioría das outras especies de árbores. En xeral, esta especie ten a capacidade de xerminación menor que outras, pero isto vese compensado pola súa vigorosa reprodución vexetativa. Depende máis da reprodución vexetativa que calquera das outras especies suramericanas de Nothofagus. Despois do lume, rexurde vigorosamente desde a cepa.Veblen, T. T.; Hill, R. S. & Read, J. (1996): The Ecology and Biogeography of Nothofagus Forests. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-6423-0.
Usos A súa madeira úsase principalmente para leña.
A árbore foi plantada na costa norte do Pacífico dos Estados Unidos.
Tamén foi introducida con éxito como árbore ornamental nas illas Británicas, onde se desenvolve moi ben.
As árbores plantadas nas illas Feroe, que foron importadas da súa austral distribución na Terra do Fogo mostraron boa resistencia ao frío.Højgaard, A.; J. Jóhansen & S. Ødum, eds. (1989): A century of tree planting in the Faroe Islands. Tórshavn: Føroya Fróðskaparfelag.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1871 polo botánico, zoólogo e biólogo mariño danés Anders Sandoe Oersted, e publicada en Skrifter Udgivne af Videnskabs-Selskabet i Christiana. Mathematisk-naturvidenskabelig Klass 5 (9): 354.Nothofagus antarctica (G.Forst.) Oerst. en New Zealand Flora. Consultado o 20 de xullo de 2020.
Etimoloxías Para a do xénero véxase Nothofagus.
O epíteto específico, antarctica, alude á distribución xeográfica, na zona antártica.
Sinónimos Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Nothofagus antarctica en PlantList. Fagus antarctica G.Forst.Comment. Soc. Regiae Sci. Gott. 9: 24 (1789). Calucechinus antarctica (G.Forst.) Hombr. & Jacquinot ex Decne. in J.S.C.Dumont d'Urville.Voy. Pôle Sud 2: 19 (1853). Calucechinus montagnei (Hombr. & Jacquinot) Hombr. & Jacquinot ex Decne. in J.S.C.Dumont d'Urville.Voy. Pôle Sud 2: 19 (1853). Fagus montagnei Hombr. & Jacquinot.Voy. Pôle Sud: t. 8, f. 11 (1853). Fagus alpina Poepp. ex A.DC. in A.P.de Candolle.Prodr. 16 (2): 120 (1864), nom. illeg. Fagus antarctica var. sublobata A.DC. in A.P.de Candolle.Prodr. 16 (2): 120 (1864). Fagus antarctica var. uliginosa A.DC. in A.P.de Candolle.Prodr. 16 (2): 120 (1864). Fagus uliginosa Phil. ex A.DC. in A.P.de Candolle.Prodr. 16 (2): 120 (1864), pro syn. Fagus antarctica var. microphylla Phil.Anales Univ. Chile 91: 515 (1895). Fagus antarctica f. latifolia Kurtz ex Albov.Revista Mus. La Plata, Secc. Paleontol. 7: 387 (1896). Fagus antarctica var. palustris Albov.Revista Mus. La Plata, Secc. Paleontol. 7: 387 (1896). Fagus antarctica var. subalpina Albov.Revista Mus. La Plata, Secc. Paleontol. 7: 387 (1896). Nothofagus montagnei (Hombr. & Jacquinot) Krasser.Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. 11: 163 (1896). Nothofagus uliginosa (A.DC.) Krasser.Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. 11: 163 (1896).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Donoso, C. (2005): Árboles nativos de Chile. Guía de reconocimiento. Edición 4ª. Valdivia, Chile: Marisa Cuneo Ediciones, 136 p. Hoffmann, Adriana (1998): Flora Silvestre de Chile, Zona Central. Edición 4ª. Santiago: Fundación Claudio Gay, 254 p. Rodríguez, R. & Quezada, M. (2003): "Fagaceae". En C. Marticorena e R. Rodríguez, eds., Flora de Chile 2 (2): 64–76. Concepción: Universidad de Concepción.
Outros artigos Notofagáceas
Ligazóns externas Foto. Foto. Foto. Foto.
Fuente de Información
Categoría:Nothofagaceae Categoría:Flora de América Categoría:Plantas descritas en 1871