Gregorio foi un exarca de Rávena (664-677). Traxectoria Gregorio sucedeu a Teodoro I Calliopas como exarca. O seu reinado é coñecido principalmente polo seu apoio ao arcebispo de Rávena nas pelexas deste co papado sobre a independencia da súa sé. Tamén durante o seu goberno, o emperador bizantino Constante II invadiu a Italia meridional nun esforzo infrutuoso por destruír o poder dos longobardos. Sucedeuno en 677 Teodoro II.

Categoría:Exarcas de Rávena Categoría:Historia medieval de Italia