A carnosina (beta-alanil-L-histidina) é un dipéptido formado polos aminoácidos beta-alanina e histidina. Encóntrase en tecidos animais e está moi concentrada no músculo e cerebro.PubChem Carnosine A carnosina e a carnitina foron descubertas polo químico ruso Vladimir Gulevich.

Demostrouse que a carnosina pode retirar especies reactivas do oxíxenoYildiz Guney, Ummuhani Ozel Turkcu, Ayse Hicsonmez, Meltem Nalca Andrieu, H Zafer Guney, Ayse Bilgihan, Cengiz Kurtman. Carnosine may reduce lung injury caused by radiation therapy. Med Hypotheses. 2006;66(5):957-9. Epub 2006 Jan 10. PMID 16406688 . DOI: 10.1016/j.mehy.2005.11.023 e tamén os aldehidos alfa-beta insaturados formados pola peroxidación dos ácidos graxos da membrana plasmática celular durante o estrés oxidativo.Oleg A. Barski, Zhengzhi Xie, Shahid P. Baba, Srinivas D. Sithu, Abhinav Agarwal, Jian Cai, Aruni Bhatnagar e Sanjay Srivastava. Dietary Carnosine Prevents Early Atherosclerotic Lesion Formation in Apolipoprotein E–Null Mice. Originally published 4 Apr 2013https://doi.org/10.1161/ATVBAHA.112.300572. Arteriosclerosis, Thrombosis, and Vascular Biology. 2013;33:1162–1170. PMID 23559625 Tamén tampona o pH das células musculares e actúa como neurotransmisor ou precursor de neurotransmisor no cerebro e como neuroprotector.Martin Schön, Aya Mousa, Michael Berk, Wern L. Chia, Jozef Ukropec, Arshad Majid, Barbara Ukropcová e Barbora de Courten. The Potential of Carnosine in Brain-Related Disorders: A Comprehensive Review of Current Evidence. Nutrients. 2019 Jun; 11(6): 1196. Published online 2019 May 28. doi: 10.3390/nu11061196. PMCID: PMC6627134. PMID 31141890. Pode aparecer tamén en forma de zwitterión, unha molécula globalmente neutra con carga positiva e negativa á vez.CHEBI carnosine

Igual que a carnitina, o nome carnosina está composto pola raíz carn, que se refire á carne, debido á súa abundancia no tecido muscular, entre outros. A carnosina é un marcador para o consumo de carne. Non hai fontes vexetais de carnosina, polo que as dietas vexetarianas ou veganas son deficientes en carnosina.

A carnosina pode quelar ións metálicos divalentes.

A carnosina pode incrementar o límite de Hayflick en fibroblastos humanos, e parece que reduce a taxa de acurtamento dos telómeros. Tamén se considera un xeroprotector.

Biosíntese A carnosina sintetízase in vivo a partir da beta-alanina e a histidina. Como a beta-alanina é o substrato limitante, a suplementación con beta-alanina fai incrementar a concentración intramuscular de carnosina.

Efectos fisiolóxicos A carnosina ten un valor de pKa de 6,83, polo que é un bo tampón para o intervalo de pH do músculo. Como a beta-alanina non se incorpora a proteínas, a carnosina pode almacenarse a concentracións relativamente altas (milimolar). Aparece a 17–25 mmol/kg (músculo seco), polo que a carnosina é un importante tampón intramuscular, constituíndo un 10-20% da capacidade de tamponamento total en fibras musculares de tipo I e II.

Aterosclerose e envellecemento A carnosina actúa como axente antiglicante, reducindo a taxa de formación de produtos finais da glicación avanzada (substancias que poden ser un factor no desenvolvemento ou empeoramento de moitas enfermidades dexenerativas, como a diabetes, aterosclerose, insuficiencia renal crónica e enfermidade de Alzheimer), e finalmente reduce o desenvolvemento da acumulación de placas ateroscleróticas. A glicólise crónica acelera o envellecemento, polo que a carnosina sería un potencial candidato terapéutico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Acetilcarnosina, unha molécula similar usada para tratar as catraratas oculares Anserina, outro dipéptido antioxidante propio de aves Carnosina sintase, un encima que intervén na produción de carnosina Carnosinemia, unha doenza de exceso de carnosina debido á deficiencia/defecto nun encima

Categoría:Dipéptidos