Peder Ascanius, coñecido como Peter Ascanius, nado o 24 de maio de 1723 en Aure, provincia de Møre og Romsdal (Noruega), e finado o 4 de xuño de 1803 en Copenhague, foi un zoólogo e mineraloxista noruegués, un dos discípulos de Linneo.Blunt, Wilfrid (2001): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-9636-0.

Traxectoria Ascanuis estudou Historia Natural na Universidade de Uppsala baixo a dirección de Linneo.

Despois de rematar os seus estudos, durante os anos de 1768 a 1770 viaxou ao longo das costas de Noruega para estudar a fauna mariña. Como resultado destes estudos publicou, en 1805, en Copenhague, cinco volumenes dos seus Icones rerum naturalium, con figuras iluminadas da historia natural do norte.

Así mesmo, dirixiu as minas de Kongsberg e doutros lugares de Noruega.

Trasladouse a Copenhague, en cuxa Universidade ensinou zooloxía e mineraloxía desde 1759 a 1771.

Ascanius xogou un gran papel na organización das Universidades do seu país e, en 1755, foi elixido membro estranxeiro da Royal Society de Londres.

Legou as súas inmensas coleccións e a súa fortuna á Real Sociedade de Ciencias de Noruega.

Descrición de especies Entre outras, en 1767, describiu a especie Labrus bergylta, peixe da familia dos lábridos.Labrus bergylta Ascanius, 1767 no WoRMS.Labrus bergylta Ascanius, 1767 no GBIF.

Publicacións Entre outras obras, a súa máis famosa publicación, foi: Icones rerum naturalium, ou figures enluminées d'histoire naturelle du Nord, editado entre 1767–1806, en 5 partes, en Copenhagen.

Abreviatura A abreviatura Ascanius emprégase para recoñecer a Peter Ascanius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Icones rerum naturalium. Volume I. Dixitalizada

Categoría:Científicos de Noruega Categoría:Zoólogos de Noruega Categoría:Nados en 1723 Categoría:Nados no condado de Møre og Romsdal Categoría:Finados en 1803