Avelino Lahoz Álvarez, nado en Toén cara a 1914 e finado en Areas o 17 de febreiro de 1938, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Arnoso (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Organizou co seu irmán Antonio a partida dos "Ernestinos". O 10 de febreiro de 1938 morreron tres compoñentes da partida nun encontro coas forzas represivas na Bouciña. Poucos días despois, o 17 de febreiro nun enfrontamento coa Garda Civil en Areas foron abatidos Avelino, o seu irmán Antonio, e outro compoñente da partida; tamén resultou morto o comandante de posto da Garda Civil de Ponteareas. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. A súa irmá María tamén foi detida.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado .

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Toén Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes